O meta Koke Vegas chega cedido o Depor
O xove meta de 23 anos DE 1,88 m, Jorge Ruiz Ojeda, (Antequera-29/09/1995), coñecido futbolisticamente como “Koke Vegas”, (polo segundo apelido do seu pai), que actuaba como porteiro suplente no UD Levante é o meta que tiña “apalabrado”, Carmelo del Pozo, (tal como vos informábamos a media tarde), que xa o coñece da sua etapa como director deportivo do equipo levantinista.
Koke comezou no equipo do seu pobo o Antequera Juvenil “A”, do que pasou ao xuvenil do Español e de aí subveu ao equipo españolista da 2ª B, do que recalou no UD Levante. Foi cedido o ano seguinte ao Alcoyano, para voltar de novo ao clube levantinista co que xogou un encontro, sendo o terceiro porteiro.
As suas cualidades coñecidas polo diorector deportivo deportivista fan que sexa o elixido para estar a salvagarda do que lle poida pasar a Dani Giménez que o ano pasado xogouno todo e foi sen dúbida o mellor xogador do equipo e un dos mellores da liga.
Koke xogou un total de 2 encontros na 1ª División, 1 na Segunda e 83 na 2ª B.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es