KIKE SAVERIO E LEBENDENKO XA ADESTRAN CO DEPOR, E BERGANTIÑOS ENTRA NOS 10 XOGADORES CON MÁIS PARTIDOS DO RC DEPORTIVO.

Saverio e Lebedenko reforzos do depor, en Abegondo.

 

Orest Lebedenko e Kike Saverio adestráronse esta mañá por primeira vez en Abegondo ás ordes de Óscar Cano, xa como novos xogadores branquiazuis. Non adestrou ademáis dos lesionados, Rubén Díez e Raúl Carnero, o medio, Isi Gómez, que foi hoxe operado da rotura dun dedo no día de onte, lesión que se produxo na xogada do gol de Lucas, (78´). Tampouco se adestrou Max Svensson, que ven dun problema nos isquios a pasada semana, e que “miragreiramente” estivo para o encontro ante o Majadahonda, no que xogou 10 minutos. Outro que non estiuvo, este con permiso do clube, foi Retuerta, que de seguro estará viaxando a Alicante, para xogar cedido no Hércules, un feito que ainda non foi oficializado polo RC Deportivo, pero que dende terras alicantinas afirman que está xa feito.

As novas caras

Orest Lebedenko, (Lviv, Ucraína, 23 de setembro de 1998), chega dende o CD Lugo. Lateral esquerdo xoven, 824 anos), que o ano pasado baixo as órdes de Albes, no equipo lucense pfoi o xogador titular, facendo unha gran tempada. A inicios desta tivo un problema nun hombreiro e perdeu o seu sitio, ante as boas prestacións de Ze Roberto, que ocupou  a banda esquerda lucense. 

Polo tanto Legebdenko,  convértese en novo xogador do RC Deportivo para o que resta de temporada e dúas campañas máis.

O lateral esquerdo militaba no CD Lugo desde xaneiro de 2019, aínda que na súa etapa lucense xogou cedido no Olimpik Donest durante unha temporada.

Antes de chegar ao conxunto branquivermello formouse no Pokrova da súa cidade e na canteira do Karpaty onde acumulou 26 partidos, por 33 no Olimpik na Premier de Ucraína e 57 no CD Lugo, os 12 últimos nesta primeira metade de temporada.

Javier Enrique Delgado Saverio, Kike Saverio, (Xénova, Italia, 19 de xuño de 1999) é novo xogador do RC Deportivo para o que resta de temporada e unha campaña máis.

Kike Saverio naceu en Italia, pasou o primeiros cinco anos da súa vida en Ecuador e creceu en España. Formouse nas categorías inferiores de Uniuna Esportiva Cornellá e en 2015 fichou polo FC Barcelona, onde chegou a debutar co primeiro equipo.

Internacional español sub-19, en 2020 fichou polo Club Atlético Osasuna, onde disputou dous partidos de Copa del Rey antes de marchar cedido, en xaneiro de 2021, ao FC Andorra onde xogou 12 choques. A temporada 2021/2022 xogouna cedido na SD Ponferradina, sumando 32 partidos en LaLiga Smartbank. Xunto aos 37 no Barça B e un no Osasuna Promesas, Saverio acumula 87 encontros, 10 goles e 5 asistencias na súa carreira entre a segunda e a terceira categorías do fútbol español.

 

 

Álex Bergantiños entra hoxe de cheo en #ANOSAHISTORIA ao acceder ao top-10 dos futbolistas que máis partidos oficiais disputaron co RC Deportivo entre os máis de mil que defenderon a camiseta branquiazul desde 1906.

Transcorreron algo máis de once anos do seu tardío debut co primeiro equipo deportivista, pois antes de dar o salto foi cedido a Xerez CD durante dúas campañas, mentres que noutra máis estivo a préstamo no Granada CF e o Gimnàstic de Tarragona. Álex estreouse co Dépor con 26 anos, o 27 de agosto de 2011, en partido de Segunda División en Riazor ante o Recreativo de Huelva (1-0).

Con anterioridade, Álex disputara diversos amigables co primeiro equipo. O primeiro deles remóntase ao 29 de marzo de 2005, cando o Dépor mediuse ao Atlético Arteixo (6-0) en Riazor nun choque benéfico para recadar fondos para o conxunto branquivermello debido á súa precaria situación económica.

Álex disputou 92 partidos (4 goles) en Primeira División, 152 (5 goles) en Segunda División, 67 en Segunda B ou Primera Federación, 11 en Copa do Rei, 3 (1 gol) en playoff de ascenso a Primeira División e 2 (1 gol) en playoff de ascenso a Segunda División. O capitán branquiazul asinou 11 goles, algún deles histórico como os logrados no Camp Nou (2-2) na Temporada 2015-16 e un curso despois na vitoria ante o FC Barcelona en Riazor (2-1).

Álex pertence á disciplina deportivista desde que ingresou no Club sendo xuvenil, en 2002. Desde a súa chegada procedente do Imperátor son xa 21 temporadas como branquiazul. En 4 delas (2004-2008) formou parte do Fabril, co que disputou 152 partidos que o converten no 11º xogador que máis encontros disputou na historia do filial.

Máis aló das súas actuacións co Deportivo e o Fabril, Álex demostrou ser un exemplo de responsabilidade fóra do campo e de compromiso e limpeza dentro del. Isto último demóstrao o feito de que nos seus máis de 450 partidos no fútbol profesional nunca viu unha cartolina vermella.

Para elaborar esta lista, o RC Deportivo toma en conta calquera encontro no que o xogador saltase polo menos un minuto ao terreo de xogo co primeiro equipo en Liga –xa sexa en Primeira, Segunda, Primera Federación, Segunda B ou Terceira–, Copa de España, Supercopa de España, Copa da Liga, promocións (entre Primeira e Segunda, entre Segunda e Terceira e de ascenso a Primeira ou a Segunda), Liga de Campións, Recopa de Europa, Copa da UEFA, Copa Intertoto e Campionato de Galicia –disputado entre 1917 e 1940–, ademais de calquera partido anterior a 1917 a pesar de non ser considerados oficiais.

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia