KEKO GONTÁN SEGUIRÁ DE BAIXA POR UNHA LESIÓN NO SÓLEO.

Keko estaba a ser o mellor do equipo.

 

Segundo nos informan dende o RC Deportivo sobre a lesión de Keko Gontán, que lle impideu ser da partida o pasado Domingo ante o Ferrol que sofre unha lesión muscular no sóleo, pero non desvelan o grao da mesma: “Foi sometido a probas médicas complementarias nas instalacións do Hospital Quirón A Coruña para coñecer o alcance exacto das molestias que arrastraba desde hai uns días no xemelgo dereito. Os Servizos Médicos comprobaron que o atacante deportivista sofre unha lesión muscular no sóleo dereito, que o terá uns días con ximnasio, tratamento médico e fisioterapia. En función da súa evolución, Keko iniciará posteriormente o proceso de readaptación física co readaptador Fran Molano. Será o paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.

O sóleo é o principal músculo que temos na “pantorrilla”, para a carreira. Un músculo que ademáis é o chamado “segundo corazón”, pola sua labor de bombeo de sangue os músculos da perna. A sobrecarga acostuma a dar unha dor “sorda” en parado, que se convirte en punsante ao facer carreira. A sua recuperación, na medida da gravidade, acostuma a andar antre as 3 semanas e o mes, i é unha lesión que trae consigo recaidas na volta a actividade. Unha lesión das que lle chaman “jodona”.

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies