KEKO GONTÁN ELIXIDO “XOGADOR ESTRELLA DO MES DE OUTUBRO” FAI UN BALANCE POSITIVO COS PUNTOS E A CLASIFICACIÓN…(Xa hai data hora para a visita o CD Guijuelo).

 

Keko Gontán que hoxe non adestrou para descargar os músculos de tanto traballo nas derradeiras semáns, “algo que decidimos antre todos”, segundo dixo él, referíndose ao adestrador e os preparadores, “aproveitando que esta semana non hai encontro”. Pasou por mini rolda de prensa para recibir o trofeo ao “Mellor xogador do mes”, que entrega Estrella Galicia, segundo máximo accionista do clube e sponsor do mesmo.

Keko falou tamén dos devires do equipo e dixo que se queda : “cos puntos e a clasificación”, pero que quer que se vexa un equipo mellor noutros aspectos : “Estamos traballando para que se vexa un Depor mellor e oxalá que sexa dende a semana que ven”, pero puntualizou que non sabe cando virá ese Depor que manexe con maior solvencia os partidos, pero está optimista de que chegará, senón é agora, “máis adiante”.

O interior madrileño, foi elixido os afeccionados do Deportivo como o xogador Estrella Galicia do primeiro mes de competición para os branquiazuis, o de outubro. 

Avaliado no catro primeiros partidos da temporada no Grupo I Subgrupo A de Segunda B: Salamanca, Compostela, Unionistas e Coruxo, o xogador deportivista recibiu o 54,3% dos 3.706 votos emitidos pola afección.

Keko disputou como titular o catro partidos até a data, dous deles completos e dous deixando o seu posto mediada a segunda parte, para acumular un total de 338 minutos que foron premiados pola afección do Deportivo. A eles quíxolles agradecer o premio “sinto un privilexiado por ser elixido dentro deste gran equipo e oxalá poida recoller moitos máis, será bo sinal para min e para o equipo”.

Keko compartiu terna de finalistas con Mujaid Sadick (27,6%), gañador do galardón en dúas ocasións a pasada temporada, e Álex Bergantiños (18,1%), habitual entre os finalistas e gañador en marzo de 2017. O tres foron escollidos polos medios de comunicación que cobren a actualidade do Dépor e recibiron os votos dos Deportivistas a través da conta de Twitter do Club a primeira semana deste mes, como sucederá até final de temporada para coñecer o nome dos gañadores cada trinta días.

 

O encontro ante o Guijuelo xa ten data e hora

O CD Guijuelo fixou xa data e hora para o partido da 5ª xornada do Grupo I Subgrupo A da Segunda División B no que recibe, no municipal “Luis Ramos” ao RC Deportivo.

O terceiro partido a domicilio de #osnosos esta temporada disputarase o domingo 22 de novembro ás 17:00 horas, (16:00 GMT), coas cámaras de Footters en directo.

 

-Foto, Texto e Vídeo : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies