Keko e Borja no adestramento de hoxe.
Duas boas novas as que nos chegan neste final de mercado e que fan que se afronte con menos dúbidas o final do mesmo. Hoxe presentábase un ambicioso Uche Agbo, que sen dúbida é a mellor nova en moito tempo, a sua fichaxe ata o 224. Keko Gontán, outro dos desexados pola grande maioría da afección, tamén renovaba ata 2024, polo que xa non haberá o medo a que se marche. O xogador contaba con varias ofertas pero non se quixo baixar do barco coma outros. Tamén renovaba Borja Galán, desexoso de ofrecer a sua mellor versión e convencernos a todos. O madrileño
facíao ata 2022.
Keko Gontán renova ata 2024
Sergio Gontán Gallardo ‘Keko’ (Brunete, Madrid, 27 de decembro de 1991) continuará no RC Deportivo catro temporadas máis, até xuño de 2024.
Keko chegou á Coruña durante o pasado mercado de inverno, procedente do Málaga CF. Desde a súa chegada ao Deportivo participou en 7 encontros, os mesmos que disputara co equipo andaluz na primeira metade do curso.
Extremo formado na canteira do Atlético de Madrid, chegou a debutar co primeiro equipo colchoneiro na Temporada 2008-2009. Posteriormente foi cedido ao Real Valladolid (Primeira División), FC Cartagena e Girona FC (ambos en Segunda), antes de ser traspasado ao Calcio Catania, co que xogou 3 campañas na Serie A italiana, cunha curta cesión ao US Grosseto, da Serie B, entre medias.
Tralo descenso do equipo siciliano en 2014, regresou a España para asinar co Albacete Balompié, no que se destapou con 36 partidos e 6 goles, o que lle valeu o regreso á máxima categoría, pois a SD Eibar fíxose cos seus servizos no verán de 2015. No club de Ipurua disputou 32 encontros e marcou 3 tantos, antes de asinar co Málaga CF, co que xogou 43 partidos en 2 campañas máis en Primeira División.
Despois do descenso do cadro andaluz, no curso 2018-2019 foi cedido ao Real Valladolid, recentemente ascendido á máxima categoría. Co cadro branquivioleta xogou 29 partidos, nos que anotou 2 goles, antes de regresar a La Rosaleda, onde cumpriu a primeira metade da pasada temporada.
Durante a súa formación, Keko acumulou 28 internacionalidades e 9 goles coas seleccións españolas sub-16, sub-17, sub-18 e sub-19. Ademais, coa sub-17 proclamouse campión de Europa en 2008, sendo un dos goleadores na final ante Francia (4-0), nun equipo no que formaban xogadores como Thiago Alcântara, Oriol Romeu, Martín Montoya ou Sergio Canales.
Borja Galán renova ata 2022
Borja Galán González (Madrid, 26 de abril de 1993) asinou a súa continuidade no RC Deportivo por dúas campañas máis, até xuño de 2022.
Formado na canteira do Atlético de Madrid, Borja Galán chegou ao Fabril en 2016 despois dunha temporada no filial do Getafe CF, na que disputou 36 encontros e marcou 8 goles en Segunda B. Con anterioridade, alcanzara a internacionalidade coa selección española sub-20, coa que disputou o Torneo Internacional de L’Alcúdia en 2012.
O extremo madrileño xogou dúas campañas no filial deportivista, nos que marcou 12 tantos (3 en Segunda B e 9 en Terceira), entre eles o que abriu o camiño do ascenso a Segunda División B, no partido de volta do playoff de ascenso fronte ao Cacereño.
A súa boa campaña na categoría de bronce co Fabril concedeulle a posibilidade de estrearse en Segunda, ao asinar coa AD Alcorcón, aínda que cunha opción de repesca. Tamén sobresaíu no seu debut en Segunda (33 partidos e 2 goles), o que provocou o seu retorno ao Deportivo, aínda que despois de 13 encontros na primeira metade da liga, Borja Galán saíu no mercado de inverno, cedido ao Real Racing Club de Santander.
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia