Ante o mutismo do RC Deportivo, que nin presentou ao novo Director Deportivo, Fernando Soriano, nen ao seu segundo, Juanjo Expósito, nen tampouco aos dous xogadores contratados, Paris Adot, e Parreño, nin o novo adestrador, Imanol Idiakez, algo surrealista e que non nos merecemos tódolos afeccionados.
Desta volta un novo retrato ao pasotismo, Kappa deixou entrever a que será a nova camiseta do Depor 2023/24, moi lonxe de todo o que se fixo no pasado.
Pouco despois xa a tardiña o clube desvelou o motivo da nova primeira equipación. Unha campaña que xa se veu fraguando días atrás falando da primeira xira intecontinental do equipo deportivista no ano 1953 a Sudamérica, onde xogou varios encontros, antre eles un co San Lorenzo de Almagro, que contestou vía Twitter ao clube branquiazul, dando as gracias o RC Deportivo, por acordrse deles e colgar na foto da camiseta un bandeirín, daquel encontro contra o equipo arxentino, (ademáis de outros dos equipos cos que se enfrontaron).
O nome da nova camiseta é “A de América”, en homenaxe aquela época. Como decíamos días atrás estiveron colgando informacións daqueles encontros en América, e o final todo era co fin desta campaña da npova indumentaria. As cores das equipacións de adestramento son amarelas con motivos azul marino, e viceversa. Tales camisetas están no escaparate da Deportienda, falla saber se serán así a segunda er a terceira, o que levaría a desparecer esta tempada a galega, que sen dúbida é nos derradeiros anos a máis demandada pola afección.
No vídeo promocional aparece cantando o tango “Volver”, Dagoberto Moll, un dos superviventes daqueles encontros nas américas.
-Fotos e vídeo : Kappa/RC Deportivo
-texto : Xosé Búa “Pirata”