JULIO HERNANDO EX PREPARADOR FÍSICO DO DEPOR DESPÍDESE CUNHA EMOTIVA CARTA E CUN “VOLTAREMOS”.

 

É raro que un preparador físico se despida dun clube, pero Julio Hernando que ven de pechar a sua segunda etapa no clube, (na primeira chegou con Gaizka Garitano), despedíase de hoxe do clube, da cidade e a afección, ca emotiva carta que teds como ilustración da nova. O vallisoletano segundo nos contan é un namorado do Depor, da cidade e da afección deportivista e considérase un deportivista máis, él e a sua familia.

Ca chegada de Luis Fandiño dende o Fabril, o vallisoletano vaise a canda De la Barrera e Secho e despídese cun deportivista mensaxe de gratitude e co xa famoso : “VOLTAREMOS”.

Toda a nosa gratitude para Julio Hernando, o noso cariño e o desexo de que todo lle vaia do milloriño, onde queira que vaia.

 

-Foto : Julio Hernando

-Texto : piratasdemuxia