Julián, (der.), suma e segue co Muxía CF.
O Muxía CF segue a amarrar xogadores sen acabar a tempada. Falábamos do compromiso de veteranos coma Michael ou José “Congui”, buques enseña do equipo, nun periplo no que a diretiva muxiana, capitaneada po Juan José Busto, está a procurar non deixar ir a un grupo de xogadores que fixeron unha gran campaña, e que só, o asqueroso sistema de competión “soñado” por unha mente desperta da RFGF, e que non gustou a ninguén, lle impideu ascender, nunha liga na que só subeu un, na que o Muxía CF se quedou fora por golaveraxe, pero na que descenderon 6 e tan só ascenderon da irmán, 3ª da Costa, dous.
Outro dos xogadores importantes do clube muxián, e que como non podía ser doutra maneira, coñecendo a sua carreira, é Julián Busto, (Os Muiños, 05/12/1993), un rapáz de enorme calidade, e que a pesares de ser chamado por equipos importantes da costa, nunca se moveu do seu equipo, o Muxía CF, no que leva dende que ten uso de razón.
Como él di : “O Muxía é a miña casa, o equipo do meu pobo, donde fago o que máis me gusta facer, e donde somos unha familia. Todos temos moi bo rollo entre nós, todos somos amigos, e eso despois vese refrexado no campo”.
Julián, coma tantos outros ve inxusto o sistema de competición que tiveron as ligas, e sente non haber podido ascender, pero ve con optimismo o futuro do equipo : “Só un sistema inxusto, (e chapuceiro), como o deste ano, que nos privou de un ascenso a Primeira, foi o único punto negativo, despois só tes que mirar os números para ver que foi unha das mellores tempadas en moitos anos na Arliña. Xa perdín a conta dos partidos que levamos ganados seguidos. O mellor é o que está por vir, temos moitas ganas de gañar, e eso nótase en cada entreno”.
Este Domingo na Arliña teñen a oportunidade de colarse nas semifinais da Copa da Costa, algo que o clube da Vila da Barca leva moitos anos sen catar, e di que o choque co Outes na Arliña a partires das 18:30 horas : “Afrontámolo como un partido máis, vamos a dalo todo coma sempre, e despois esperemos que salgan ben as cousas. O que teña que vir virá, do que non hai que dubidar nunca è do compromiso deste equipo”.
-Foto e Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR