JUANFRAN RESCINDE CONTRATO E FICHA POLO ALANYASPOR

 

O lateral dereito Juanfran deixa de pertencer o RC Deportivo tras rescindir o contrato por ambas partes. Juanfran o ano pasado puido irse cedido de balde e en agradecemento ao clube non usou esa clausula que sí outros usaron para que o clube branquiazul recibise cartos pola sua cesión que o final foi ao UD Leganés, no que pasou con máis pena que groria.

O RC Deportivo infórmanos da sua marcha da seguinte maneira : “O Real Club Deportivo e Juan Francisco Moreno Fuertes chegaron hoxe a un acordo para rescindir a vinculación contractual que lles unía até o 30 de xuño de 2020. Deste xeito, o lateral madrileño deixa de pertencer á disciplina do Deportivo, que se aforra así os custos salariais do futbolista desta próxima temporada. O Real Club Deportivo quere agradecer a Juanfran o traballo realizado estas últimas temporadas vinculado ao Club, desexándolle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal”.

O noso agradecemento a Juanfran Moreno polo que lle deu ao noso club.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es