Juan José Busto, nun encontro na Arliña.
Finalizou o prazo de presentación de candidaturas para a presidencia e nova diretiva do Muxía CF, que ben de quedar subcampión da Liga da Costa e loitará na promoción polo ascenso a 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. Tralo remate do periodo de presentacion e habida conta de que quedou deserto e tan só o actual presidente Juan José Busto foi o único candidato, a reelección xa queda feita.
Moi bo o traballo do presidente da entidade muxiana, polo tanto haberá continuidade no proxecto. Un proxecto que xa o ano pasado quedouse as portas de acabar moito mellor, tanto na liga como na Copa, na que chegou a semifinais e que desta volta ainda ten moito que dicir. Unha das prioridades do reelixido presidente será a contratación dun novo adestrador, xa que tanto Diego Lobelos, coma Óscar leis xa anunciaron que non seguirán trala Copa.
Durante o mandato de Busto recuperouse o fútbol base, pois o Muxía deixou un ano de ser un deses equipos que tiña tódalas categorías, e todo apunta a que na vindeira tempada competirá por primeira vez cun equipo de fútbol feminino, un proxecto que xa está en marcha e que xa conta cunha trintena de rapazas, que xa tomaron contacto co céspede da Arliña.
O noso desexo de que este proxecto continuista siga acadando éxitos para Muxía e para o fútbol da costa.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”.