Juan José na banda da “Arliña” seguindo o Muxía CF.
Juan José Busto novo presidente do Muxía CF
Tal como apuntábamos a pasada semana e onte mesmo na previa a asemblea de socios do Muxía CF, (Liga da Costa), o gandeiro muxián da localidade de Suxo, vivirá esta fin de semana as festas do seu pobo por primeira vez como presidente do Muxía CF.
Non se presentou ningunha outra candidatura polo que a de Juan José, pai do tamén xogador do clube dende neno Julián Busto, non tivo rival.
A prioridade nestes intres para o flmante presidente muxián é a de confeccionar a nova diretiva, na que seguirá o secretario José Noya e na que son baixa os que facían as veces de delegados Felipe e Antonio. O resto da diretiva confeccionarase durante estes días.
O novo adestrador ainda está sen confirmar. segundo nos comentaba Juan José, falouse con Diego Lobelos, (xa apuntábamos fai días que era un dos elixidos), pero non hai nada concretado.
Outra das cousas que ten o novo presidente é acercar de novo ao clube rapaces que o ano pasado non estiveron e que xogaron dende nenos no clube muxián, como é o caso de Martinsiño, (onte poñíamos por un “lapsus”, Davisiño que tamén xogou no Muxía CF e está na emigración), que xa aceptou a chamada do seu veciño.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es