JUAN IGNACIO BRUNET, NOVO XOGADOR DO BERGANTIÑOS FC, QUE XA TEN A VENDA AS ENTRADAS DO AMIGABLE CO DEPOR.

 

O Bergantiños FC informa da incorporación de Juan Ignacio Brunet.

O centrocampista de 23 anos (24/01/1998), natural de Arxentina, conta con experiencia en 2ªB. Procede do filial do Granada CF (2ªB) e debutou e contou con minutos en Primeira División.
Na tempada 19/20 xogou no Polvorín e tamén disputou partidos co primeiro equipo o CD Lugo (2ª). Brunet formouse no clube arxentino Club Godoy Cruz e pasou polo Atlético Paranaense B en Brasil.

Entradas para o Bergan-Depor

As entradas para o amigable do mércores 4 de agosto, ás 19:00 horas no Municipal de As Eiroas, estarán a venda no Casino de Carballo, (Rúa Vázquez de Parga,1), este xoves e venres de :  11:30 a 13:30 horas, e de  18:30 – 21:00 horas. O prezo é de 10 euros para os socios bergantilistas e de 15 para o resto do público.

 

Claudia Calvete non seguirá no Bergantiños FC Feminino

A xogadora Claudia Calvete non formará parte do Bergantiños FC Feminino 2021/22, polo que o clube agradécelle :  “todo o seu traballo e esforzo”, realizado en pós do equipo, co que ascendeu a 1ª Galega.

-Foto : Departamento de Prensa do Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies