JUAN CARLOS MENUDO : O EQUIPO CHEGA CON SENSACIÓNS BOAS A LIGA”.

 

Juan Carlos Menudo compareceu ante os medios informativos ao concluír o partido no campo de “Vista Alegre” de Órdes.

Autor do segundo tanto do encontro fronte ao Pontevedra CF, o atacante deportivista indica que “cando se gaña son sempre sensacións boas. Merecíase ir xa ao final da pretemporada con boas sensacións, coa vitoria”.

Insiste en que “as sensacións son boas e chegamos para afrontar o partido do domingo (en ABANCA-RIAZOR fronte ao RC Celta B ás 21:30) coas mellores das garantías”.

Nesta liña, admite que “non é o mesmo chegar ao domingo perdendo hoxe que gañando. As sensacións son boas e imos coa ilusión de empezar unha semana que é semana de competición e onde nos xogamos o que a nós nos interesa que é sumar de tres en tres”.

En canto ao seu acerto goleador, lembra que “nos primeiros partidos tiven algunhas ocasións. Para a xente de arriba é importante ter esa confianza a base de goles. O gol non pode vir en mellor momento: último partido de pretemporada e para empezar coa mellor das ilusións”.

Apunta que o equipo “ten moita dinamita arriba. Hai que facer as cousas ben. Vai haber competencia e iso é bo para o equipo. A competencia que hai é sa, somos xente que vimos achegar, a axudar. Oxalá sexa así e teñamos un gran ano todos”.

Conclúe Juan Carlos Menudo que, despois dos dous días de descanso, hai que volver o martes aos adestramentos “coas pilas cargadas e a ilusión de debutar en Riazor e de darlle unha alegría a afección o máis pronto posible e iso significa que o domingo”.

AQUÍ a nosa crónica da vitoria sobre o Pontevedra, (3-2).

 

Volven os adestramentos o martes

O cadro regresa aos adestramentos o martes 24 de agosto ás 10:30 en Abegondo, xa para iniciar a semana do arranque ligueiro ante o Vigo B, o domingo 29 ás 21:30 en Riazor.

 

-Foto, Vídeo e Texto : rcdeportivo.es