JUAN ANTONIO ARMENTEROS DO GRUPO DE FERNANDO VIDAL PRESIDIRÁ O RC DEPORTIVO ATA A ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO 14 DE XANEIRO

Juan Antonio Armenteros.

 

Juan Antonio Armenteros Cuetos, un dos conselleiros do ata o de agora único candidato a presidencia do RC Deportivo, Fernando Vidal, presidirá o clube ata a Asemblea Extraordinaria de Accinistas do vindeiro 13-14 de Xaneiro, tal como nos apunta o propio clube nun comunicado no que adiantan a sua despedida do clube, para facilitar as manobras, en fichaxes e outras cousas que queira facer a candidatura que con toda probabilidade collerá as rendas do RC Deportivo.

Esto non quita que ata a celebración da asemblea non poida concorrer algunha outra candidatura.

 

COMUNICADO RC DEPORTIVO

Após a celebración da Xunta Xeral da Sociedade do pasado 17 de decembro, na que o accionista Fernando Vidal Raposo anunciou un acordo con ABANCA e a presentación da súa candidatura a formar parte do Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD; e despois de 10 días nos que na sede social non se presentou ningunha outra candidatura, os membros do actual Consello de Administración decidiron renunciar aos seus cargos para que as súas vacantes sexan ocupadas por accionistas membros da candidatura, encabezada por Fernando Vidal, presentados na mañá de onte.

Con esta decisión, os membros do Consello de Administración saínte pretenden facilitar que os novos conselleiros poidan iniciar inmediatamente o seu traballo e operar no mercado de xaneiro.

Após a formalización da substitución, o novo Consello queda conformado do seguinte modo: Juan Antonio Armenteros Cuetos (presidente), José Luis Queijeiro Fuentes (secretario), Manuel José Vázquez Martínez, Federico García Poncet, Ricardo González Fernández e Argimiro Vázquez Guillén.

Este novo Consello de Administración dirixirá a Sociedade até o próximo 14 de xaneiro, momento no que se celebrará a Xunta Extraordinaria de Accionistas.

Desde o Consello de Administración saínte lémbrase que os cambios realizados en nada afectan á posibilidade de que calquera persoa poida concorrer e presentar a súa candidatura ás eleccións do próximo día 14 de xaneiro.

Quen é José Antonio Armenteros?

Trátase dun accionista e socio número 1.874 do Dépor. É avogado de profesión e exerce como Socio Director do bufete Armentero Avogados. Ademais, é membro da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña.

–Foto : Candidatura Fernando Vidal

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.