José Manuel Abelenda Álvarez “Josiño” será o encargado de levar as rendas do SD Coristanco no seu retorno a Liga da Costa, o coristanqués chega tras 3 anos moi bos no Soneira SD, equipo que terá como rival no vindeiro curso e que deixaba a falla de dous encontros para o final de liga, sendo sustituido polos irmáns José e Basti De la Sierra, que continuarán a tempada vindeira, tal e como xa vos informamos en piratasdemuxia.es.
Josiño estivo no equipo vimiancés 3 tempadas nas que acadou o ascenso a Liga da Costa na primeira, entrar na promoción a Primeira Futgal na seguite e deixouno fora do descenso nesta última pero co perigo de entrar nos arrastres a 3ª da Costa. Tamén estivo en categorías inferiores do Bergantiños FC e Xallas FC.
Josiño volve o equipo do seu pobo para tratar d seguir co bo traballo que se lle recoñece no fútbol costeiro afeccionado, tal e como nos informa un socio do SD Coristanco habida conta dun comunicado que sacou o clube.
“O noso maior desexo de éxito a Josiño que sempre colaborou de maneira extraordinaria ca nosa web”.
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”