JOSÉ SAR “CONGUI”, OUTRA DAS ICONAS DO MUXÍA CF RENOVA POR UN ANO MÁIS.

Congui sumará a sua 9ª tempada consecutiva no Muxía CF.

 

Se no día de onte falábamos da renovación dun dos veteranos, queridos, do Muxía CF, hoxe temos que falar doutra das iconas deste equipo que forma parte da historia da Liga da Costa, José Sar “Congui”, outro veterano que antepón a sua saúde o equipo.

Un xogador que como dí o presidente dos muxiáns, Juan José Busto : “É dos que o dan todo a morte, como só él sabe facelo”.

Congui, comezou na base muxiana e pasou os xuvenís do CF Porteño, no que tras dous anos recalou no UD Corcubión, para logo enrolarse no Camariñas FC, na 1ª Autonómica, para retornar ao Muxía CF, no que leva 8 anos consecutivos, e co que acadou o título de campión da 3º da Costa e o conseguinte ascenso a Liga da Costa.

Por problemas lumbares tivo que sopesar se seguir, pero como di él : “Tíveno que pensar polos problemas de espalda que estou a sufrir, pero o Muxía e doado decirlle que si, coas magnificas personas que hai dentro do clube”.

Para Congui  o equipo está moi ben e a tempada foi espectacular, faltoulles o ascenso, polo desastroso sistema de competición, que tantos equipos criticaron e critican, e ve con optimismo a participación na Copa da Costa : “A temporada pois empezamos mal, e cando perdemos o segundo partido en Camariñas para moita xente xa estaba todo perdido, pero o seguinte adestramento fomos 20 e iso di moito dun equipo, e así foi que lle demos a volta e puidemos facer unha gran tempada”.

Non desbota nada na Copa na que loitarán esta semana por poñerse nas semifinais : “Estamos nunha dinámica mui boa para polo menos chegar a semifinais na Copa, e a partir de aí que sexa o que teña que ser. Sempre, eso si loitando ata o último como fixemos na fase de ascenso”.

Sabedor de que tanto él coma Michael, os “buque enseña” do equipo, teñen o seu carón unha xeira de rapaces xoves talentosos, e ve un futuro exitoso, así como na actual diretiva e o seu bo facer : “O equipo a parte de min e Michael son todos moi novos. O Muxía ten un bo futuro con estes xogadores, que aparte temos un grupo formado de xente espetacular. Despois non moito máis que dicir, desde a diretiva, presidente, adestradores, e xogadores, da gusto estar nun equipo así”.

O equipo muxián que se quedou as portas do ascenso a 1ª Galicia por golaveraxe co SCDR Esteirana, e pola inxustiza do sistema desastroso, (repetimos unha e mil veces), para esta e tódalas ligas, loita agora por reververecer vellos éxitos na Copa da Costa, e está a facer un traballo anticipado de renovacións de cara a vindeir tempada, pero a base é de formigón armado, con Congui e Michael, e xa renovación de varios dos rapaces, pero estes dous merecen un episodio aparte, polo que representan, non só no Muxía CF, senón na historia do Fútbol da Costa.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies