José Manuel “Sil”, fixo historia vo Volantes de Baño CF.
Nas crónicas dos encontros da 23ª xzornada da 1ª Galicia G2, xa vos falábamos de que o adestrador José Manuel “Sil” fora destituido o pasado venres pola diretiva do Volantes de Baño CF, equipo que levou ata esta liga sendo o fito máis importante da historia do clube. (PREME AQUÍ).
Tal e como nos apuntaba un dos xogadores, usuario da nosa web : “Tras saber que fora destituido un bo grupo deles no adestramento da pasada semana dixémoslle que se él se ía, nós tamén”.
O adestrador confirmounos que así foi, e que él non quería que o equipo se vira afectado por iso foi para o banco e dirixeu a vitoria sobre o Praiña Sporting Club, (1-0) : “Fun onte porque decidimos cos xogadores para presentarse a xogar. Xa que moitos non ían ir se non ía eu. Pero eu estou fora desde o venres”
José Manuel “Sil” quer evitar polémicas e xa veu dando mostras nas derradeiras crónicas que nos ofrecía dos encontro que andaba a disgusto. Él quer agradecer publicamente o apoio e cariño destes anos no clube : “Dar as gracias a afición dos Volantes. Dirctiva que me contratou cando equipo estaba en Terceira e a todos e cada un dos xogadores que pasaron polo club nestes 3 anos por soportarme. Foi un pracer…e se algunha vez os Volantes me volven a necesitar, eu si podo, estarei sempre disposto a botar unha man a este gran e humilde club”.
O tecnico costeiro pasa a historia gañando un encontro na 1ª Galicia G2, estando destituido días antes, unha vitoria ao máis puro estilo do “Cid Campeador”.
Email para aludidos : admin@piratasdemuxia.es
piratasdemuxia.es non se responsabiliza das opinións vertidas, que son persoais e intransferibles.
Foto : arquivo
-Texto : piratasdemuxia.es/José Manuel “Sil”
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.