JOSÉ LUIS LEMOS DEIXA DE SER ADESTRADOR DO BERGANTIÑOS FC.

 

O Bergantiños FC e José Luis Lemos separan os seus camiños despois de 3 anos. Lemos chegiou ao Centenairo do clube carballés, tras acadar o ansiado ascenso a 2ª RFEF. Tras unha xeira brilante, esta tempada as cousas non foron o desexado e deixa o equipo trala derrota de onte ante o Oviedo Vetusta, (0-2), co equipo con 16 puntos nesta primeira volta recén rematada, a 6 puntos do Play-Out pola permanenza, que marca o equipo oviedista, e a 7 puntos da permanenza, que a marca outro filial, o do Racing de Santander.

Segundo nos informan dende o Departamento de Prensa do Bergantiños FC, Lemos oferecerá unha rolda de prensa ás 18:30 horas, no Estadio Municipal de As Eiroas. A rolda de prensa realizarase na sala de prensa situada nas instalacións deportivas, e estarán presentes tamén o presidente do Bergantiños FC, Luciano Calvo, e membros da directiva do club.

-Foto : Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia.es