JOSÉ LUIS LEMOS ANALIZA A DERROTA ANTE O SD SILVA : “POUCOS PEROS SE LLE PODEN POÑER O EQUIPO QUE COMPITEU BEN, ESTIVO VALENTE, E MOI TRABALLADOR”.

José Luis Lemos falou sobre o encontro ante o SD Silva.

 

José Luis Lemos analizou o encontro ante o SD Silva de Javier Bardanca, na que os carballeses colleitaban a primeira derrota desta tempada. O técnico santiagués do Bergantiños CF ten claro que o encontro : “estivo marcado pola expulsión de Uzal no primeiro tempo”. 

Nun encotro moi igualado Lemos que estiveron ben a pesares da inferioridade numérica, en especial na segunda metade na que “tivemos preto o 1-2”. Os carballeses repuxéronse ao gol ininial de Joao Paulo aos 3 minutos, conseguido empatar por medio de Marcos Remeseiro no ecuador da primeira metade.

Xa na segunda o propio Joao Paulo facía o 2-1 aos 69 minutos de xogo, cando segundo Lemos , “antes de chegar o 1-2 éramos incluso mellores”, pero recoñece que : “co 2-1 o desgaste notouse máis e aí si, pero creo que o equipo compiteu ben, estivo valente, moi traballador e poucos peros se lle poden poñer”. 

O técnico bergantiñán valorou positivamente o camiño do equipo : “Xa firmaba os vindeiros 11 encontros aís, xa firmaba mañán 25 puntos de 33. Non é o último encontro da primeira volta, pero son 11 partidos de liga, media liga xogada”.

Aclarar que os de Carballo fáltalle da primeira volta o encontro duas veces aprazado por positivos en covid-19, no que o UD Somozas que recuperou o liderato en pos do “Bergan”, deberá visitar as Eiroas. Tamén teñen pendente os carballeses o encontro que deberán ter en fronte ao UD Paiosaco, tamén nas Eiroas.

 

CLASIFICACIÓN E CRÓNICAS

Jose Marcote ficha pola SD Fisterra

O fisterrán Jose Marcote, tras moitos anos no CF Dumbría ven de fichar pola SD Fisterra. O dianteiro compementará a unha dianteira de moitos kilates, con Adrián “Makaay” como capitán de barco. O equipo fisterrán, que non xogou nesta xornada, indiretamente está a ser un dos grandes damnificados polo COVID-19, que asedia a categoría con grande cantidade de encontros aprazados no que vai de campionato. Neste caso os “verdiños”, súfreno por positivos nos seus rivais.

 

-Foto : Captura vídeo Bergantiños CF

-Texto : piratasdemuxia