JOSÉ DURÁN SERÁ PRESENTADO ESTA TARDE COMO NOVO ADESTRADOR DO BERGANTIÑOS FC.

 

Xa era un segredo a voces no día de onte, pero o primeiro era o primeiro, a despedida de José Luis Lemos que pasará nun bo sitio a historia do clube, e neste ano do seu centenario. Hoxe confírmanos o Bergantiños FC a chegada como novo adestrador de José Durán Rivas, (Lugo-29/06/1974).

O técnico lucense dirixeu equipos coma o Viveiro, Foz ou Lugo, e a sua derradeira experienza foi no fútbol belga, no Koninklijke Rupel Boom da cidade de Boom, (Amberes). Tamén foi preparador físico, ademáis de xogador, e conta cunha cadea de ximnasios, fundada fai duas décadas, ABfitness. 

O Bergantiños FC informa que esta tarde, martes 17 de xaneiro, ás 18:30 horas, o novo técnico, José Durán, ofrecerá unha rolda prensa no Estadio Municipal de As Eiroas.

A rolda de prensa realizarase na sala de prensa situada nas instalacións deportivas, e estarán presentes tamén o presidente do Bergantiños FC, Luciano Calvo, e membros da directiva do club.

-Foto : Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Bergantiños FC