Jose Currás, nova incorporación do Bergantiños FC
O defensa de 18 anos, Jose Currás, (27/11/2002), natural de Culleredo, procede da canteira do RC Celta e vén de xogar no Xuvenil de División de Honra. O xogador recala na base celtista no 2017 en idade cadete procedente do Atlético Coruña Montañeros .
Currás debutou, esta temporada 20/21 co filial do Celta en 2° B o pasado mes de novembro.
O equipo bergantiñista non para de reforzarse e o pasado mércores tamén nos informaba da chegada do centrocampista de 23 anos, Juan Ignacio Brunet, (24/01/1998), natural de Arxentina, conta con experiencia en 2ªB. Procede do filial do Granada CF (2ªB) e debutou e contou con minutos en Primeira División. Na tempada 19/20 xogou no Polvorín e tamén disputou partidos co primeiro equipo o CD Lugo (2ª). Brunet formouse no clube arxentino Club Godoy Cruz e pasou polo Atlético Paranaense B en Brasil.
Hoxe ata ás 21:00 horas entradas para o Bergan-Depor
As entradas para o amigable do mércores 4 de agosto, ás 19:00 horas no Municipal de As Eiroas, estarán a venda no Casino de Carballo, (Rúa Vázquez de Parga,1), hoxe venres ata ás 21:00 horas. O prezo é de 10 euros para os socios bergantiñistas e de 15 para o resto do público.
-Foto : Departamento de Prensa do Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia