JOSE “CONGUI” E ISMA POSE SERÁN OS ADESTRADORES DO MUXÍA FEMININO E JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ DO CABANA SD.

Congui e Isma na sua presentación.

 

José “Congui” e Isma Pose primeiros adestradores do Muxía CF Feminino

Os xogadores do primeiro equipo do Muxía CF, José “Congui” e Isma Pose son os elixidos para levar o Muxía CF Feminino, equipo de nova factura e que será o primeiro desta modalidade no clube muxián dende a sua creación no 1964. Foron moitas as rapazas que xogaron en equipos mixtos e namentras que unhas buscaron outros lares para poder xogar o fútbol ou o futsal, dado que despois de cadetes non podían continuar no fútbol campo cos homes, pero agora xa teñen onde quedar. No primeiro adestramento fai uns meses, presentáonse 30 rapazas de diferentes edades para o proxecto muxián, polo que teñen máis ca asegurada a plantilla para o primeiro equipo.

José Manuel Vázquez primeiro adestrador do Cabana SD Feminino

Se falamos de que van a facer historia os muxiáns e muxianas do primeiro equipo feminino da historia, nas mesmas tesituras está José Manuel Vázquez, que o ano pasado levaba o primeiro equipo dos de Cabana, e que esta tempada pasa a ser o primeiro adestrador da historia do Cabana SD, equipo de nova formación, e que ven a ser unha saida para as moitas rapazas dos equipos de base dos cabaneses, sen dúbida un dos equipo do podio na Costa da Morte, que ten máis sentimento de base e que vai subindo os xogadores dende a base ata o primeiro equipo e agora poderá facelo igualmente coas rapazas.

-Foto : Muxía CF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies