Ainda que neste caso non son visitantes do Parador de Turismo de Lourido, (Muxía), outros chegan por medio do Camiño de Santiago, como fai uns días Diego Simeone, ou pola Vía Mariana e outros por mar atracando no porto deportivo. Tamén os hai que simplemente veñen pasar uns días a coñecer Muxía e disfrutar dos paseos e a sua gastronomía, ou veñen de paso, ou co gallo de cumplir co Ano Santo o ser o Santuario da Barca Templo Xubilar.
Cando pasa algún polo local do noso cliente, e colaborador da nosa web con traballos e publicidade, Álvaro Rodríguez, non perde a oportunidade de facerse a foto co camiseta do CF Muxía, do que é fervente siareiro, colaborador, e do que foi xogador e presidente. Neste caso os que pasaron polo “rito” de posar ca “vermella dos corviños” e que deron conta dun bo cabracho e un par de rodaballos a brasa, antre outras cousas, foron o ex seleccionador español, José Antonio Camacho e o vinicultor Hilario García, o home que produce o viño máis caro do mundo que chega aos 25.000 euros a botella, e que pode chegar a moito máis nos vindeiros anos.
Quen é José Antonio Camacho
José Antonio Camacho é unha das figuras máis recoñecidas do fútbol español, tanto como xogador, como adestrador. Nado en Cieza (Murcia) en 1955, destacou como lateral esquerdo no Real Madrid, equipo co que xogou máis de 400 partidos entre os anos 1973 e 1989. Co club branco gañou numerosos títulos, incluíndo 9 Ligas e 2 Copas da UEFA, sendo coñecido pola súa entrega, forza e carácter combativo.
Como internacional, foi un pilar da selección española, con máis de 80 partidos disputados, e participou en mundiais e Eurocopas.
Despois de retirarse, iniciou unha longa carreira como adestrador, pasando por equipos como o Español, o Real Madrid, o Benfica ou a Selección Española, á que levou ata os cuartos de final do Mundial de 2002.
Quen é Hilario García
Hilario García, vinicultor manchego nado en Las Pedroñeras, (Cuenca), en 1963, é o creador do AurumRed Serie Oro, considerado o viño máis caro do mundo, cun prezo que pode chegar aos 25.000 euros por botella, e que conta que se irá sacando na cuantía de 300 botellas o ano ata 2038, o que se vislumbra que aumentará no seu valo.
Tras superar unha grave enfermidade mediante ozonoterapia, aplicou esa técnica aos seus viñedos, despois de traballar no viño desde neno fundou a súa propia bodega en 2009. O seu viño, elaborado con cepas centenarias de tempranillo, destaca pola súa produción limitada e polas súas propiedades singulares, xa que di que mellora despois de abrirse e cambia de aroma segundo o sentido en que se xira a copa. Entre 2024 e 2025 decidiu arrincar as súas vides de máis de cen anos e poñer fin á produción, pechando así unha das historias máis singulares e exclusivas do viño español, todo pensando na sua saúde e coa extrañeza dos seus achegados que consideraban que con cada vide ademáis de historia estaba a arricar milleiros de euros.
-Fotos : Álvaro Caamaño
-Texto : Xosé Búa “Pirata”