JOSÉ ANTONIO ANQUELA DESPIDEUSE : “VIÑEN A UN CLUBE MOI GRANDE, ENORME, MARAVILLOSO, PERO NON PUIDO SER”.

 

“É un día complicado para min e para a miña xente. Pero isto é o fútbol. Nada máis. A min só quédame dicir que vin con toda a ilusión do mundo a un club enorme, marabilloso. Non puido ser. Pedir perdón polo que nós puidemos fallar. Nada máis. Darlle as grazas a todo o mundo. Teño que dar as grazas ao Presidente e a súa xunta directiva pola paciencia que tiveron; a Carmelo (del Pozo), por axudarme sempre no traballo; a toda a xente do Club, a todos, desde o primeiro empregado; aos meus amigo Barros, que está todo o día alí connosco traballando; e sobre todo aos meus futbolistas, que até o último segundo tentaron facer as cousas o mellor posible para solucionar un tema que o fútbol cho pon moi complicado. Nada máis.Moitas grazas a vós, pola vosa paciencia, por aguantarme, que non é fácil. A partir de agora desexarlle o mellor ao Deportivo, que o que lle pase bo ao Dépor, pasarame a min. Moitas grazas a todos“, estas foron as escuetas verbas de despedida do ex técnico xienense do Depor. 

Non quixo preguntas e foise con toda a humildade ante algúns que dende o inicio buscáronlle a polémica exogaron ca sua humildade e traballo. Non tivo sorte, e o máis doado cando as cousas van mal e meter fora o adestrador. Non tivo él toda a culpa e de seguro que o seu sustituto terao máis doado, no plano de que xa collerá o equipo máis rodado e coñecéndose mellor antre sí.

Toda a sorte do mundo para José Antonio Anquela, as nosas maiores gracias polo seu traballo e igualmente a Luis César Sampedro na sua entrada no seu eido.

Que teñas boa proa!!!…

 

++++

EQUIPO DE TRABALLO DE LUIS CÉSAR

 Segundo adestrador: Alejandro Esteve
– Adestrador asistente e analista: Juan Iglesias
– Preparador físico: Marcos Marcén
– Adestrador de porteiros: Yván Castillo
– Preparador físico e técnico asistente: José Ángel Franganillo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.