JOSÉ ANTONIO ANQUELA DEIXA DE SER ADESTRADOR DO RC DEPORTIVO.

 

Dende o RC Deportivo chéganos a comunicación oficial de que José Antonio Anquela deixa de ser o adestrador do Depor : “O Consello de Administración do Real Club Deportivo tomaron a decisión de que Juan Antonio Albacete Anquela deixe de ser adestrador do primeiro equipo do Club, traballo que viña desenvolvendo desde o principio desta tempada. O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Anquela a súa profesionalidade, traballo, dedicación e actitude exemplar nesta etapa á fronte do equipo, desexándolle a maior das sortes no seu futuro persoal e profesional”, dinnos dende o clube.

Nas quinielas por gusto dosafeccionados ocupa o primeiro lugar Fernando Vázquez, seguido de Martín Lasarte, agora estaremos pendentes de quen será o novo inquilino do banco deportivista.

Dende ww.piratasdemuxia.es e a Peña Deportivista “Os Piratas de Muxía” queremos agradecerlle a José Antonio Anquela a sua entrega e amor polo Depor. O noso desexo de que todo lle vaia da mellor maneira posible, e as gracias pola sua humildade, e o seu traballo que por varias cousas que se fixeron mal non tivo os froitos desexados.

Que teñas boa proa!!!…

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies