José Ángel aumenta nun ano o seu contrato.
O RC Deportivo anunciou a renovación de José Ángel por un ano máis, o que fai que será deportivista ata 2026, por outra banda tamén anunciaba a ampliación tamén ata o 2026, do xove Pablo Muñoz que chegou o Depor o pasado ano desde o Rayo Vallecano. A metade da pasada tempada xogou cedido no Atlético Baleares. No Depor por mor de lesión pouco xogou, un par de encontros no inicio da ligae un par deles de Copa do Rei. Terá ficha do Fabril.
Trala rescisión de Paris Adot, o apartado deportivo do clube anunciou tamén as baixas de Pablo Valcarce e Salva Sevilla, así como a do meta Pablo Brea, que retornaba tras estar cedido no CD Arenteiro.
-Foto : RC Deportivo
-Texto . Xosé Búa “Pirata”