JORGE VALÍN RENOVA CO DEPOR ATA 2023.

Valín xogou uns minutos o Domingo ante o filial do Vigo.

 

Jorge Valín Sánchez (A Coruña, 7 de xaneiro de 2000) renovou o seu contrato co RC Deportivo até 2023, polo que continuará na disciplina branquiazul o que resta de temporada e dúas máis.

Valín cumpre a súa primeira campaña no primeiro equipo aínda que está na súa sétima temporada no Club. O lateral dereito chegou ao Deportivo no verán de 2014, con 14 anos de idade, para incorporarse ao Cadete B, procedente do Victoria CF.

Na campaña 2017-2018, sendo aínda xuvenil, fixo o seu debut co Fabril, en Segunda División B, totalizando 3 aparicións. O curso seguinte, aínda en idade xuvenil, converteuse en asiduo do filial, disputando 17 encontros na categoría de bronce.

A temporada 2019-20, xa como senior, xogou 15 partidos máis co Fabril, estes xa en Terceira División. Tamén se produciu o seu debut co primeiro equipo, o 13 de outubro de 2019 no Estadio Gran Canaria fronte á UD Las Palmas (3-0), en encontro de Segunda División.

No presente exercicio, Valín participou na metade dos partidos disputados até a data.

-Foto e Texto : rcdeportivo.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies