JORGE VALÍN CEDIDO AO UE CORNELLÁ ATA FINAL DE TEMPADA.

 

O canteirán deportivista Jorge Valín foi cedido ao UE Cornellá, do Grupo 2 da 1ª RFEF. O lateral dereito, pretendido tamén pola Cultural y Deportiva Leonesa, (segundo afirmaban na prensa de León), poderá así ter os minutos que non tiña no Depor, xa que por lóxica era o cuarto lateral dereito, habida conta do bo rendemento de Víctor García, ao que o clube deportivista tenta amarrar para o caso de que se consiga o ascenso, (está cedido polo Real Valladolid), logo está Trilli, que a lesión tralo primeiro encontro de liga no que foi titular ante o C.Vigo B, e en terceiro lugar está Alberto Benito, que “supostamente” era o que viña para ser titular e o seu baixo rendemento mandouno o obstracismo. Benito ten varias ofertas e todo apunta a que tamén sairá neste mercado de fichaxes que comezou no día de hoxe.

Tamén hai que dicir que Valín foi intervido na cadeira o final da pasada tempada e non puido ter pretempada e leva tan só un par de meses adestrando co primeiro equipo ao cento por cento, polo que esta cesión é para él unha grande oportunidade.

Hai tres nomes que soan con forza para vir neste mercado invernal, Álvaro Rey, Aarón Piñar e Musa, un deles para aumentar a competencia no extremo e os outros dous, ou de cara a esta tempada, ou para a seguinte.

Así nos informaban da marcha de Valín o UD Cornella, dende o RC Deportivo : “O RC Deportivo, a UE Cornellá e Jorge Valín Sánchez (A Coruña, 7 de xaneiro de 2000) alcanzaron un acordo para que o lateral deportivista milite no conxunto catalán até final desta temporada en calidade de cedido. O Deportivo quere desexar a maior das sortes a Jorge neste próximo proxecto que afrontará no Grupo II de Primeira RFEF coa UE Cornellá”.

E así se despedía o rapáz nas redes sociais : “Siempre agradecido… Son ya algunas temporadas en el club de mi vida, nos veremos pronto familia… Todavía queda #moitoporvivir #ForzaDépor “.

 

O equipo voltou hoxe os adestramentos

O cadro branquiazul comezou hoxe luns 3 de xaneiro en Abegondo a preparar a cita ligueira ante o Talavera CF do domingo 9 de xaneiro ás 12:00 (Footters) en ABANCA-RIAZOR.

Foi a primeira sesión de traballo de 2022 para o Dépor, que tivo descanso a primeira fin de semana do novo ano ao non haber competición. Antes de saltar ao céspede, futbolistas e técnicos sometéronse a unha proba de COVID-19 e a continuación pasaron pola sala de vídeo.

Xa sobre o céspede, o corpo técnico dispuxo un quecemento con rondos, un exercicio táctico á totalidade do campo 2 e, para concluír, un partido a metade de campo. Víctor García e Elitim tiveron esta mañá adestramento personalizado.

 

-Foto : UD Cornellá

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo