JORGE QUINTÁNS DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA QUEDA FORA POR UN POSTO DO SELECTIVO NACIONAL E OS SEUS COMPAÑEIROS MARTÍN FERNÁNDEZ E BRAIS SÁNCHEZ TOMAN CONTACTO CA CANLE OLÍMPICA DE SEU DE URGELL.

Jorge Quintáns en acción en Seu de Urgell.

 

Jorge Quintáns queda fora dos selectivos para formar parte do equipo nacional por un só
posto. Martín Fernandez e Brais Sanchez pagan a inexperiencia na Canle Olimpica de La
Seu de Urgell.

A Canle Olimpica de La Seu de Urgell acollía a segunda proba da Copa de España de Slalom,
onde o CDM Piragüismo Dumbría acudía con tres deportistas.Un dos obxectivos principales da
expedición era que Jorge Quintáns fose quen de meterse entre os dez mellores da súa categoría
e obter así o pase para disputar os selectivos do Equipo Nacional de Slalom despois da súa boa
actuación en Mondariz, pero non puido ser por un posto, quedando o de Vimianzo no posto
decimoprimeiro do rankign sub23 despois das dúas probas.

 

Brais Sánchez nun intre da proba en terras catalanas.

 

Pola súa banda os cadetes Martín Fernández Romar e Brais Sánchez Cancela era a primeira vez
que competían nesta canle artificial, e pagaron a súa inexperiencia con erros que estropeaban
boas baixadas, pero que deixando a sensación de que son quenes de navegar con soltura nun
escenario tan complicado coma o que acolleu os xogos olimpicos de Barcelona.

 

Martín Fernández loitando ca corrente en Seu de Urgell.

 

Agora a actividade nacional se deten pola disputa dos selectivos e de diversas probas do
calendario internacional ata finais do mes de Maio, cando terá lugar a vindeira proba da Copa de
España de Slalom, así coma a primeira proba da nova modalidade olimpica das augas bravas, o
Slalom Extremo, que debutará así dentro do calendario nacional.

-Fotos : Norbert Aguilera

-Texto : CDM Piragüismo Dumbría