JESÚS ESPAÑA NOVO DELEGADO DUN BERGANTIÑOS FC QUE COMEZA ESTE SÁBADO UNHA ILUSIONANTE ANDAINA NA 2ª RFEF.

 

O Bergantiños FC anúncianos a contratación de Jesús España Andrade como novo Delegado de campo do primeiro equipo.

España Andrade foi árbitro dende a tempada 2000/01, inscrito a Delegación de Coruña. Alcanzou a categoría de 1ª Autonómica, facendo de asistente en Preferente e 3ª Autonómica. Con 18 anos entra no colectivo arbitral, e nos últimos 4 facendo as veces de asesor/informador de árbitros, ata a 2018/19 na que remata esta faceta ca Federación e Comité de Árbitros.

Polo tanto o clube bergantiñán inscribe a un colaborador que sabe de cociñeiro, antes ca de fraile, o trato cos colexiados e tódolos entresixos do mundo arbitral.

Este sábado comeza a 2ª RFEF para os de Carballo

Este vindeiro sábado 4 de Agosto é un día histórico para o fútbol carballés, xa que debuta na nova 2ª RFEF o Bergantiños FC, que visita ao UP Langreo no Estadio Nuevo Ganzabal, que moitos coñeceredes, xa que estivo no grupo do RC Deportivo, a pasada tempada. Un campo moi similar As Eiroas, e que ten unha afección moi entregada.

O choque que comezará ás 18:00 horas, será dirixido polo colexiado cántabro, Víctor Castellanos Argüeso, con  Carlos Jiménez e Diego Lastra nas bandas, tamén do Colexio Cántabro.

Os outros galegos do Grupo 1

O Arosa SC recibe ao CD Arenteiro, tamén o sábado, a partires das 20:00 horas, nun dos dous derbis galegos que temos para este inicio de curso, xa que o Pontevedra CF, recibe a SAD Compostela o Domingo a partires das 18:00 horas en Pasarón.

-Foto : Comunicación Brgantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Bergantiños FC