JAVIER TEBAS IMPUTADO POR APROPIACIÓN INDEBIDA E ESTAFA, E IRENE LOZANO, ALIAS : “CEGA-XORDO-MUDA” DEIXA O CSD.”

 

Parece que comeza a haber “rebrotes”, ou gromos, (como se di en galego), de toda a clase de manobras fraudulentas que fixo e está a facer Javier Tebas e a sua camarilla de manipuladores. O DXT Campeón facíase eco no día de onte da imputación de Javier Tebas, sobre varios dos asuntos que todos sabemos e nos que está a sua vinculación co Fuenlabrada e tódalas neglixencias que fixo paa subilo a Segunda División, e todo o que aconteceu no final de liga, co descenso do RC Deportivo sen poder defenderse no campo. Tampouco lle deixou defenderse o Comité Superior de Deportes, cun paripé de risa, poñendo a un mediador ao que días despois lle contrataba a Liga o seu fillo no cargo de Xefe de Proxectos. Agora Tebas entrará nos xulgados, aos que non se presentou cando tivo que declarar ante o Xuiz Instructor da RFEF, pero entra nos da xustiza ordinaria, e detás virá tamén a sua vinculación co Granada e moitas cousas máis.

O noso maior desexo que pague por todo o que fixo e fai e a ver se recibe o apoto dos presidentes do fútbol español, que miraron hacia outro lado ante as inxustizas que sufreu o RC Deportivo e toda a sua afección e socios. Detras virá tamén a denuncia da RFEF que poide a inhabilitación deste energúmeno.

Xa nos estará Irene Lozano no CSD pois vaise a buscar un posto nas eleccións da Comunidad de Madrid. Esta ex presidenta no “Caso Fuenlabrada”, foi :  xorda, cega e muda, e impresentable cando falou para amosar o seu favor a Tebas, sendo a única en España, que non veu delito ningún ante as evidencias, escritas e audios de moitas neglixencias graves, deportivas e sanitarias.

Nova do DXT Campeón sobre a iputación de Tebas :

Importante revés xudicial para o presidente de LaLiga. Javier Tebas foi imputado polo Xulgado de Instrución número 6 de Fuenlabrada por un suposto delito de apropiación indebida e outro de estafa no caso que investiga a adquisición do club por parte do seu actual presidente, Jonathan Praena, informou o xornalista Paco Rabadán en Ok Diario.

O presidente da patronal terá que declarar #ante a xuíza María Dolores Nortes como cooperador necesario nunha causa que podería verse ampliada a máis delitos como administración desleal e asociación criminal.

As declaracións, que inicialmente se ían a celebrar o 21 de xaneiro, víronse pospostas pola terceira onda da pandemia do coronavirus e agora os querellados terán que acudir a testificar o próximo 8 de abril.

Sobre a mesa investígase como o máximo mandatario da liga, a través do seu despacho Tebas e Coiduras, dirixiu a compra do Fuenlabrada, facilitando que desembarcase Jonathan Praena e a súa familia como máximos accionistas.

Unha operación que orquestrou o propio Javier Tebas, tal e como demostrou este diario a través duns audios.

Neles, tanto o propio Tebas como o seu tanto o como o seu fillo, Javier Tebas Chairas, que despois formaría parte do organigrama do club, daban as ordes ao presidente do Fuenlabrada para que se fixese coa maioría accionarial da entidade. O presidente da liga cobrou máis de 100.000 euros por dirixir esta operación.

A súa vinculación estreita co Fuenlabrada, queda demostrada, ademais, pola súa aparición en e-mails de planificación deportiva do equipo militando en Segunda División, algo que é un conflito de intereses claro e que está prohibido polo propio Código Ético da liga. Ademais, tivo coñecemento e permitiu que o Fuenlabrada viaxase á Coruña cun brote de coronavirus no seo do persoal do club, adulterando o final da pasada campaña en Segunda.

Así mesmo, presionou e usou as súas influencias para impedir unha liga de 26, que salvaría ao Depor do descenso.

-Texto : DXT Campeón

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies