Javi Toja volve o primeiro equipo do CF Muxía.

O CF Muxía segue perfilando o seu plantel para a tempada 2026/27 na Primeira Futgal Grupo 2 e fíxoo anunciando o ascenso ao primeiro equipo de Javir Rey Toja, máis coñecido como “Toja”, un futbolista da casa que defenderá as cores do conxunto da Vila da Barca tras a súa gran campaña no filial, que tal como xa vos informamos non sairá a competir nesta vindeira tempada polo que moitos dos xogadores quedaban libres. Toja retorna a primeiro equipo no que xogou en temporadas anteriores e o que era o adestrador do filial, Jose “Congui” adestrará ao Inter de Brens da 3ª da Costa, tal e como xa vos informamos.

Formado nas categorías de base do club muxián, Toja é un dos xogadores que mellor representa a canteira do CF Muxía. A pasada tempada, co filial na 3ª da Costa, foi unha das referencias ofensivas do equipo, asinando 15 goles en 17 encontros e demostrando que recuperou o seu mellor nivel.

O dianteiro deixaba atrás unha pasada lesión que freara a súa progresión, pero o seu rendemento durante o pasado curso confirmou que ese episodio xa é historia. A súa potencia, capacidade de loita e olfacto goleador levaron ao club a darlle a oportunidade de formar parte do primeiro equipo nesta nova etapa.

Desde o CF Muxía deron a benvida a Toja cunha mensaxe chea de confianza:

“Traballo, gol e moita ilusión para esta nova etapa. Estamos desexando verche defender estas cores. Moita sorte e benvido á casa.”

Un paso importante para un xogador criado no club, que terá agora a oportunidade de demostrar o seu potencial na Primeira Futgal defendendo o escudo do equipo da súa vila.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

.

AVISO IMPORTANTE

“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.