Javier Rey Toja, “Javi Toja”, tamén seguirá no Muxía CF para a 2022/23. O xove xogador formado na canteira do equipo muxián, únese a,
O central muxián, únese así aos Peski, Gusa, Michael, “Congui”, Maikel Mouzo, Mauro, Manu Nogueira, Víctor Alcaina, Julián, Álex Martínez, e Fran Moreira, e os retornados, Adrián Alcaina e Iago Muiño, así coma a nova fichaxe, o meta, José D. Lema, para o novo proxecto dos da Vila da Barca que fixeron unha excelente campaña.
Toja é un dianteiro de calidade, desequilibrante, que suma a esto a sua potencia na saida de balón e que vai moi ben no un contra un. Un goleador nato con experienza, a pesares da sua xuventude
Joselu Tamén segue no Muxía
José Luis Agulleiro Insua “Joselu”, meta nado en Fisterra, (1990), que chegou o clube muxián na 2019/20, e que nesta pasada tempada xogou en 8 encontros de liga, (7 deles titular), ademáis de en 3 da Fase de ascenso e todos os da Copa da Costa, tamén se comprometeu co clube da Vila da Barca por unha tempada máis. Joselu é un meta experimentado, que pasou por equipos da Costa, coma o UC Cee ou o SD Fisterra, co que se alzou con unha Copa da Costa.
Ata 7 xogadores renovan polo SD Soneira
Se esta mesma semana confirmaba o Soneira SD da renovación do seu adestrador, Pedro Gómez, coma a do seu segndo, Sergio “Pichón”, desta volta anuncian a renovación de 7 xogadores formados na casa . Pichi, Basti, Darío, Mayor, De la Sierra, Brais Pereira e Ángel, súmanse ao novo proxecto, para tratar de mellorar a excelente campaña do ano pasado.
Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosoco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitarte. Cada día en torno a 60.000 visitas.
-Foto Toja : piratasdemuxia
–Texto : piratasdemuxia
-Foto : Soneira SD