Jaime Cullum un gran músico en tódolos aspectos.
O músico Jamie Cullum, (Essex-Inglaterra, 1979), deu un concerto privado no Palacio dos Deportes de Riazor, no día de onte. O concerto era en exclusiva para 3.000 empregados de INDITEX que participaron co aportado nunha campaña solidaria, en pos dos centros de menores.
No treito final da sua actuación, (que acabou sendo unha festa, como acostuman os concertos de Cullum), para delirio dos espectadores, enfundouse a camiseta do Depor co seu nome e o número 20 as costas.
Como bo británico, Cullum é un afeccionado o fútbol. Os seus diretos, son do mellor que nos podemos atopar na escea musical. Para os que o coñezades, nada hai que dicir, pero para os que non o coñezades, abaixo deixovos un vídeo da canción ca que comezou o concerto, o “Please don´t stop de music”.
O británico que fai Jazz, Crossover Jazz, e fusións diversas, é todo un portento como músico, ademáis de poñer a voz, dalle o piano como ós ánxos, e acaba tocando ata de costas, toca a guitarra, Baixo e batería, amén de toca clase de teclados.
Unha mágoa que só 3.000 puideran disfrutar do talento e a extraordinaria posta en escea de Cullum, pero deixou a sua iumpronta de maneira sublime, polo qeu nos contan, e co que xa contábamos.
Unha recomendación : Nos deixedes de ver o seu concerto en Viena, do que traemos a canción ca que comezou o concerto.
-Foto : Google Images
-Texto : piratasdemuxia