Espectacular evento do “Día do adestrador”
-Iván Cancela foi presentado como Presidente da Escola de Adestradores –
Iván Cancela, actualmente adestrador do SD Sofán da Preferente Norte foi presentado como novo Presidente da Escola de Adestradores Galega e selecionador de Afeccionados. O todoiés moi felíz polo gran día que viveu decíanos que : ” Foi un dia especial e emotivo, rodeado de xente moi importante e querida no panorama do fútbol galego e nacional. Moi agradecido a toda as persoas presente e en especial a Lobo, presidente do Comité Español de adestradores que fixo o esforzo de estar neste día tan sinalado para os adestradores e para mín. Tivemos tres ponencias extraordinarias e recoñecementos a varios adestradores destacados”.
Así nos contan dende a RFGF como foi o “Dia dos adestradores” :
O auditorio da Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolleu esta tarde unha magnífica xornada formativa con motivo do “Día do Adestrador” organizado polo Comité de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol. Un comité que xa encabeza Iván Cancela, que este venres estreouse como presidente do Comité. Precisamente foi Iván Cancela o que abriu unha xornada na que os case trescentos asistentes, a maioría adestradores adscritos ao Comite, gozaron cos magníficos relatorios de Manu Sánchez (adestrador do Deportivo Abanca feminino), Fran Garagarza (director deportivo da SD Eibar) e Gaizka Garitano (adestrador do Athletic Club de Bilbao). Manu Sánchez explicou en detalle o proceso de éxito do RC Deportivo Abanca, desde a súa creación ata o histórico ascenso do equipo á Liga Iberdrola feminina. Garagarza contou tamén con detalle o modelo de traballo da área deportiva do Eibar, un club modelo por facerse un oco na elite do fútbol profesional español desde a humildade. Garitano puxo punto e final á xornada cun relatorio relativa ao seu modelo de traballo no día a día, pero desde un punto de vista moi amplo, facendo mención tanto ao traballo diario nos adestramentos, as súas preferencias tácticas e técnicas e tamén se referiu ao modelo de relación cos xogadores. Entrega de recoñecementos
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, agradeceu aos ponentes a súa participación e tamén tivo palabras de benvida para Iván Cancela e de recoñecemento para os traballadores do Comité e da Escola, Dani Regos e Jorge Aboal. Louzán deulle as grazas igualmente ao Comité Nacional pola súa colaboración, representado no acto polo presidente José Ramón Cuetos Lobo. E especialmente agradecido mostrouse o presidente da RFGF coa Universidade da Coruña pola súa extraordinaria colaboración cedendo as súas instalacións. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fotos e texto xentileza da RFGF
+++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es