Iván Bouzón ca elástica do CF Noia.
Se a pasada semana anunciábamos a despedida de Juan Purrúa e Juan Cabrejo, exitoso tandem do SD Fisterra, con gran tempada na Preferente Norte e loitando polo ascenso, e brilantes campións da “LVII Copa da Costa”, e esta mañán publicábamos a baixa de Iván Bouzón, meta dos fisterráns, que se despedía de compañeiros e do clube, esta tarde temos a información dende o CF Noia, que Iago Bouzón, que defendeu a porta fisterrana en 22 encontros, (1850 minutos xogados), recalaba para a 2022/23 no equipo noiés.
Julián co San Lázaro as suas espladas, a sua nova casa.
O seu compañeiro no Fisterra, Julián López, tamén se enrrola cos da Terra do Berberecho. Julián xogou 35 encontros a pasada campaña cos da Vila do Cristo, (3000 minutos), acadando 6 goles. O dianteiro foi parte importante do ascenso dos Fisterráns a 3ª División na 2019/20, e xunto con Bouzi levantaron a pasada Copa da Costa.
Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa, contacta connosoco en : info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitarte. Cada día en torno a 60.000 visitas.
-Fotos CF Noia
Texto : piratasdemuxia