O RC Deportivo e o FC Arouca, da Primeira División de Portugal, chegaron a un acordo para o traspaso de Iván Barbero.
O conxunto branquiazul resérvase unha porcentaxe nunha futura venda do dianteiro andaluz.
O Deportivo na sua m misiva para informar da operación di que quere, “agradecerlle a Iván Barbero o seu compromiso, profesionalidade e entrega ao longo das dúas tempadas que vestiu a camiseta no ABANCA-RIAZOR, nas que contribuíu de maneira decisiva á consecución dos obxectivos do club, o ascenso e a consolidación en LaLiga Hypermotion”.
Iván Martínez Gonzálvez, coñecido futbolisticamente como Barbero, deixa o Dépor para iniciar unha nova etapa no Arouca portugués da Primeira División do país luso. Será a súa primeira experiencia fóra de España, unha oportunidade para recuperar a confianza despois de dous anos de altos e baixos.
Natural de Roquetas de Mar, chegou á Coruña libre tras saír do Osasuna. A súa primeira campaña no club estivo marcada por unha grave lesión de menisco no xeonllo esquerdo que o afastou dos terreos de xogo durante catro meses. Nese tempo, traballou tanto física como mentalmente para voltar ao seu mellor nivel.
O seu regreso coincidiu co Dépor mellor intre dos deportivistas, que completaron unha segunda volta case perfecta e conseguiu o ansiado ascenso a Segunda División. Barbero marcou once goles en 23 partidos.
Na súa segunda tempada estivo chea de altibaixos. As continuas entradas e saídas do once inicial afectaron ao seu rendemento. A pesar de rematar a campaña con sete goles, non gozou da continuidade que desexaba. A chegada de Bouldini no verán e de Eddahchouri no mercado de inverno engadiu competencia nun posto que nunca tivo un dono claro ao longo do ano, ainda que tamén hai que decilo o que mellores sensacións estaba dando e deu de cara a gol foi o derradeiro en chegar.
“Os nosos mellores desexos para Barbero na sua nova andaina e o agredecemento polo seu gran traballo na axuda a sacarnos da “3ª de merda”, así como a consolidar o equipo na Segunda. Que todo lle vaia do melloriño e quen sabe ao mellor voltará connosco pois ten anos para crecer e explotar”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
