Barbero estaba a deixar moi boas sensacións no seu xogo.
O RC Deportivo infórmanos que Iván Barbero foi operado con éxito do menisco interno por medio dunha artroscopia para repararllo. Esta operación fará que o xogador deportivista, que se lesionaba o pasado sábado no Unionistas-Depor, esté no dique seco antre 3 e 6 meses, todo en pos de como vaia a recuperación.
Todo esto depende da clase de operación que se lle fixo, no mellor dos casos se se trata dunha menisectomía e non ten complicacións os prazos de volta o deporte acurtaríanse a antre un mes e dous meses, se é como parece a reparación do menisco esto supón unha longa espera, como decíamos de 3 a 6 meses.
O noso desexo dunha pronta recuperación, satisfactoria e que pronto o vexamos de novo co equipo e con todos nós.
Así nolo anuncia o RC Deportivo :
Iván Barbero foi sometido a unha intervención cirúrxica debido á lesión que lle obrigou a pedir o cambio o pasado sábado no transcurso do primeiro tempo do partido entre o Unionistas de Salamanca CF e o Dépor.
O traumatólogo Rafael Arriaza procedeu a realizar unha artroscopia para reparar o menisco interno do seu xeonllo esquerdo danado.
A cirurxía transcorreu con normalidade e o futbolista recibirá nas próximas horas o alta hospitalaria.
Iván Barbero estará unhas semanas en repouso deportivo e coa articulación en descarga. A continuación, comezará o seu período de recuperación coordinado polos profesionais que conforman o Servizo de Atención ao Rendemento do Futbolista (SARF).
O RC Deportivo deséxalle unha pronta recuperación para volver aos terreos de xogo canto antes.
Mella recuperándose na casa
Pola sua banda David Mella foi operado dos osos propios do naríz, tal e como xa vos informamos, e está na sua casa en proceso de recuperación, a espera de que lle baixe a inflamación e poder facer exercicios que non lle afecten a recuperación para en un par de semanas probar a adestrar cunha protección.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”