IVÁN BAÑA CO MAZARICOS FEMININO CAMPIÓN DA “I COPA DA COSTA VIRTUAL” QUE FOI TODO UN ÉXITO, (AQUÍ TES TODA A INFROMACIÓN DE INICIO A FIN).

O CF Mazaricos Feminino campión da “I Copa da Costa Virtual”.

 

Iván Baña do CF Mazaricos Feminino alzouse ca “I Copa da Costa Virtual”, orgañizada por Radio Nordés, que como vos viñemos informando celebrouse do xoves ao Domingo pasados, e que tivo unha grande acollida tanto no seguimento dos encontros con 200 afeccionados enganchados en direto a final, como na información. Na nosa web as novas de información que nos foi achegando Antón Lestón, xogador do UD Corcubión e cara visible da orgañización de Radio Nordés, da que é redactor, superaron cada día as 20.000 vistas o completo nas novas que fomos pubricando.

Iván Baña que recibirá unha foto impresa ao igual cos 3 primeiros clasificados, derrotou no finalísima a Aarón do Cabana SD cunha vitoria por 4-2 na primeira partida e empate a dous, (2-2) na segunda.

Na final de consolación foi Joseba do CF Porteño o vencedor ante Alberto da SCD Malpica, con idénticos resultados cos da final, (4-2/2-2).

Antón Lestón moi contento ca resposta dos afeccionados : “Moi, moi contentos, polo resultado, porque non nos esperábamos, nen en broma, que chegasen a haber máis de 200 persoas vendo o torneo, e se valeu para que por un intre se esquecesen do mal intre que estamos a pasar xa valeu a pena, e aparte, tremenda honra de que unha das primeiras competicións de E-Sports, fora esta, e fora orgañizada polo fútbol da costa, xa que foi orgañizada gracias a colaboración de todos vos, e de tódolos equipos…Graciñas a todos!!!”.

 

 

PREVIA

-Pablo Pombo do Sporting Seaia CF eliminou a Álex Varela do CD Baio : (1-0/3-3)

-Joseba do CF Porteño fixo o propio con Aarón Lobelos Sd Fisterra despois dunha igualadísima eliminatoria : (2-2/3-3/2-1)

-Brais Fraga do Unión Deportiva Cerqueda deixou polo camiño a Mario Suárez do U.D. Corcubión : (4-1/1-3)

 

DAZASEISAVOS

-Pablo Pombo do Sporting Seaia CF venceu a Yelco Alfaya do Bergantiños Cf As Eiroas, (4-1/1-3)
-Joseba do Porteño CF eliminou a Maikel Caamaño do CF Lira, A Páxina Roxiña, (7-0/4-1)
-Javi Bermúdez do Corme CF fixo o propio con Raúl Mazaricos do CF Mazaricos, (3-3/2-1)
-Abel do UD Monte Louro puido con Cristian do C.D. Baiñas, (4-1/7-0)
-Álvaro do SD Coristanco gañoulle a Dani Maceiras do Volantes De Baño, (3-1/3-2)
-Kevin (Outes) tivo que ir ao desempate para poder con Álex do  Muxía CF, (1-3/4-2/1-0)
-Alberto da SCD Malpica tamén tivo que ir ao desempate para ganar a Eloy do Ponteceso SD, (2-2/1-1/4-0)
-Pablo da SD Ameixenda fixo o propio contra Beto do Unión Deportiva Paiosaco, (2-1/1-2/1-0)
-Pablo De La Fuente do Laracha CF deixou no camiño a Juanjo da SD Sofán, (3-3/5-2)
-Iván Baña, (Mazaricos Feminino), eliminou a Aitor García do Unión Club Cee, (6-1/2-2)
-David Vázquez do S.D. Camelle clasificouse vencendo a Cristian do CD Nantón, (5-1/8-2)
-Chicote do Camariñas FC venceu a Manu Pérez do Xallas F.C. (3-0/2-2)
-Aarón do Cabana Soc Dep sufriu pero pasou ante Jose Marcote do CF Dumbria, (3-0/3-5)
-Bruno do CD Muros, eliminou a Darío Pardiñas do Soneira S.D. (4-2/2-0)
-Brais do Sporting Zas deixou sin octavos a Jorge, (SD Laxe), (3-1/1-0)
-Álex Rama da SCDR Esteirana saiu gañador nunha igualada eliminatoria ante Brais Fraga do Unión Deportiva Cerqueda, (2-1/1-1).

 

OITAVOS

Javí Bermúdez, Corme CF, remontoulle a Pablo Pombo Sporting Seaia CF ( 2-3/5-0)
Alberto Scd Malpica, fixo o propio con Álvaro SD Coristanco (2-3/4-0)
Joseba, Porteño CF impúxose a Abel UD Monte Louro (4-3/3-1)
Iván Mazaricos, ClubFútbol Feminino levouse unha eliminatoria moi igualada ante Pablo S D Ameixenda (2-3/3-1)
Pablo, Laracha Cf arrasou a Kevin (Outes) (8-1/6-2)
Aarón, Cabana Soc Dep pasou a costa de Brais Sporting Zas (5-1/2-2)
Álex Rama, Esteirana tivo que ir ao desempate ante David Vázquez S.D. Camelle (5-4/2-3/1-0).

 

CUARTOS

Alberto do SCD Malpica gañoulle a Javi Bérmudez do Corme CF, (1-0/4-0)
Joseba do CF Porteño, clasificouse gañándodolle a Pablo La Fuente do Laracha CF, (4-2/1-2)

Iván Baña do Mazaricos Feminino, derrotou a Chicote do FC Camariñas, (2-0/4-2)
Aarón do Cabana SD, pasou vencendo a Álex Rama da SCDR Esteirana, (2-1/4-2).

 

SEMIFINAIS

Iván Baña do Mazaricos Feminino pasaba coa vagaxe de 1-1/2-0 ante Alberto do SCD Malpica.

Aarón do Cabana SD derrotaba a Joseba do CF Porteño, (5-3/3-1/3-3 e 2-0).

 

3º e 4º POSTO

Joseba do CF Porteño derrotou a Alberto do SCD Malpica tras gañar o primeiro encontro por 4-2 e empatar no segundo, 2-2.

 

Iván Baña queda como primeiro vencedor desta innovadora

“Copa da Costa Virtual”.

“A nosa máis cordial noraboa a Iván Baña e aos orgañizadores”.

 

GRAN FINAL

Mazaricos Feminino 4-2/2-2Cabana SD

Iván Baña que forma parte dos técnicos do CF Mazaricos Feminino da Liga de Fútbol 7 Feminina do Grupo de Santiago, derrotou no finalísima a Aarón do Cabana SD, cunha vitoria por 4-2 na primeira partida e empate a dous, (2-2) na segunda. A final foi seguida en direto por 200 afeccionados.

 

PARTICIPANTES POR EQUIPOS

BERGANTIÑOS- YELCO
PAIOSACO- BETO
FISTERRA- AARON LOBELOS
LARACHA- PABLO DE LA FUENTE
XALLAS – MANU PÉREZ
SOFÁN – JUANJO
DUMBRÍA- JOSE MARCOTE
SONEIRA- DARÍO
MAZARICOS- RAÚL
BAIO- ÁLEX VARELA
VOLANTES – DANI MACEIRAS
CORME- JAVI BERMÚDEZ
PONTECESO- ELOY
ESTEIRANA- ÁLEX RAMA
MUXÍA- ÁLEX
MUROS- BRUNO NEY
SP ZAS- BRAIS
CAMARIÑAS- CHICOTE
OUTES- KEVIN
MONTE LOURO- ABEL
NANTÓN –CRISTIAN
LAXE- JORGE
CAMELLE –DAVID VÁZQUEZ
CORISTANCO- ÁLVARO
CABANA- AARÓN
LIRA- MAIKEL CAAMAÑO
CERQUEDA- BRAIS FRAGA
MAZARICOS F- IVÁN BAÑA
AMEIXENDA- PABLO
CORCUBIÓN- MARIO SUÁREZ
PORTEÑO- JOSEBA
BAIÑAS-CRISTIAN
SP SEAIA- PABLO POMBO
CEE- AITOR GARCÍA
MALPICA- ALBERTO

 

 

REGRAS

Cada eliminatoria constaba de dous partidos (de 6 minutos cada parte) nos que non había valor doble dos goles do visitante.

En caso de empate xogábase un novo partido (de 4 minutos cada parte), e de empatar ese tamén, outro ata que se desempate.

Xogouse coas medias en 85

Se se perdía a conexión con dous ou máis goles de diferencia no marcador, dabase como rematado. Se non, reiniciarábase ese encontro. Se a un xogador se lle ía dúas veces a conexión nun mesmo partido, perdíao por 1-0.

 

-Cadro/Datos : Antón Lestón/Radio Nordés

-Foto Iván Baña : Jorge Villar “Gorrión”

-Montaxes e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies