ISMAEL ARILLA NOVO DIRECTOR DE FÚTBOL FORMATIVO DO RC DEPORTIVO E VERA MARTÍNEZ NOVA XOGADORA DO DEPORTIVO FEMININO

Ismael Arilla suplea Albert Gil no cargo

Fai uns días chegábanos a nova da baixa de Albert Gil no posto de Director do Fútbol Formativo do RC Deportivo. Un Albert Gil que fixo un gran traballo antes de que ocupara o seu posto Fran González e despois cando o retomou. Agora chega Ismael Arilla Pellicer (Zaragoza, 14 de xullo de 1975), un aragonés con experienza tanto de adestrador como na formación, pois pasou por equipos coma o Tarazona, (3 tempadas), Vilareal, (6), CD Oliver e SD Huesca, (3).

Técnico de Fútbol de nivel III (UEFA PRO), é ademais Diplomado en Maxisterio en Educación Física e Educación Primaria así como en Dirección de Entidades Deportivas. Persoa moi vinculada ao mundo da formación, foi profesor tamén da Escola Aragonesa de Adestradores de Fútbol impartindo as materias de Ética, Liderado e Psicoloxía.

 

 

 

Vera Martínez nova cogadora do Deportivo Feminino

O Dépor ABANCA reforza o centro da defensa coa fichaxe para esta temporada 2024-25 de Vera Martínez Viota (Astillero, Santander, 13 de agosto de 1999).

Procede do CA Osasuna, onde militou as dúas últimas temporadas (2022-23 e 2023-24), disputou un total de 51 partidos (50 deles como titular) e anotou 3 goles na segunda categoría do fútbol feminino nacional.

Vera xa debutou en Liga F, posto que na campaña 2021-22 xogou 13 partidos, 7 deles como titular, co Deportivo Alavés, club co que logrou ascender a Reto Iberdrola (hoxe Primera Federación Iberdrola) e á Liga F.

Internacional española en categoría Sub-19, comezou a súa carreira no Reocín Racing B na temporada 2013-14 antes de pasar ao primeiro equipo a temporada seguinte. Tamén vestiu a camiseta da Ave Fénix Racing de Torrelavega.

Vera Martínez convértese no primeiro reforzo das Nosas esta temporada após as renovacións xa confirmadas de ADT, Henar, Eva Dios, Millene Cabral, Raquel García, Yohana, Samara e Cris Martínez.

 

-Foto Arilla : Diario de Aragón

-Foto e texto Vero : RC Deportivo

-Texto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies