INVITACIÓN AOS PEÑISTA DO RC DEPORTIVO A FORMAR PARTE DO FUTURO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO QUE PROMOVERÁ A FUNDACIÓN DO CLUBE.

 

Desde a Federación de Peñas Deportivistas fannos chegar, como peña membro da mesma, esta información que lles achega o Real Club Deportivo, para animar a todos os peñistas de todas as agrupacións o programa de voluntariado que proximamente poñerán en marcha : 

Gustaríache integrarche aínda máis no RC Deportivo formando parte do programa de voluntariado da nosa Fundación?

Co inicio do ano abrimos o prazo de inscrición para formar parte do programa de voluntariado da Fundación RC Deportivo que nos permitirá estender e achegar as súas actividades, e por extensión do Club, a todo o Deportivismo.

Se es maior de 18 anos e queres formar parte da nosa comunidade, de maneira altruísta e comprometida co teu Club, o teu escudo, as túas cores e a nosa cidade, non dubides en unirche ao programa de Voluntariado do Dépor no que podes participar tanto ti como calquera Deportivista que coñezas.

Ademais de participar nos proxectos da Fundación: Dépor Genuine, DéporCampus… poderás ser parte dos espectáculos deportivos nas nosas instalacións, desempeñando un papel fundamental fose e dentro do Estadio ABANCA-RIAZOR ou Abegondo, garantindo que cada Deportivista, como ti, teña a mellor experiencia posible en día de partido en # ANosaCasa.

Ao fi nalizar a tempada levaremos a cabo un evento de agradecemento con todas as persoas voluntarias por facer posible a realización de todos os proxectos e eventos nos que che involucraras.

Se queres formar parte do equipo de voluntariado da Fundación RC Deportivo mandanos un correo electrónico a fundacion@rcdeportivo.es cos seguintes datos:

– Nome e apelidos
– DNI
– Data de nacemento
– Teléfono móbil
– Correo electrónico
– Dirección postal
– Fálanos de tí, os teus intereses, motivacións ou actividades nas que estás interesado en participar (Días de partido, Dépor Genuine, DéporCampus…)

Unha vez recibido o correo contactaremos persoalmente contigo para pasar á fase de entrevistas individuais. Posteriormente confirmarémosche como membro do equipo de voluntariado cun contrato de adhesión ao programa de voluntariado. Tras unha fase de formación, pasarás a ser parte activa da plataforma de voluntariado do Dépor.

Grazas por querer unirche aínda máis a esta gran familia Deportivista!

# Moitoporvivir

-Foto e Texto : RC Deportivo/Federación de Peñas Deportivistas

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies