INTERESE EN MÉXICO POR DIEGO ROLAN

 

Diego Alejandro Rolán Silva, ao que en Uruguai chaman “Rey del Balompié”, (Montevideo-Uruguai, 24/03/1993), é agora mesmo o “gran” problema do RC Deportivo. Se tódolos anos hai “culebróns” polas fichaxes, neste caso é por unha saida.

Destacou no Girondíns de Bordeaux no que estivo 5 tempadas, dende a 2011/12 ata a 2016/17, que o cedeu o Málaga CF e onde Richard Barral pousou seus ollos nél e fíxolle un longo contrato, pero o descenso apartouno de xogar en Riazor. Foron 36 goles os que marcou o uruguaio nas derradeiras 3 tempadas no club do escapulario e campión da Copa de Francia, polo que pintaba moi ben a sua progresión, pero chegou a España e caeu na decadencia total.

O seu primeiro destino como cedido foi o Málaga CF, (dende o Girondíns), co que marcou 5 goles en 22 encontros, asinou co RC Deportivo que o cedeu e sigueu afondando no burato de caida no Leganés, no que mediada a tempada xa se desfixeron dél, e posterior cesión por media tempada no Alavés. En ambos non veu porta e acabou vendo máis encontros dende o banco que minutos xogou.

Decía Carmelo del Pozo que él tiña que mirar o futuro e que se atopaba con operacións feitas a longo prazo, que “perxudicaban” e agora eu teño que “tragarme o marrón”, falaba esto cando se lle rescindeu contrato a Pedro Mosquera que tiña un contrato alto e caro. Diego Rolán é outra destas manobras pois agora mesmo a sua ficha está a impedir acabar de pechar a plantilla.

Tan efímero é o que se lle ve a Rolán, (que o mellor rexurde noutro clima), que o pasado Domingo se atesourara nos adestramentos o bo dianteiro que viron nél, José Antonio Anquela daríalle paso o terreo de xogo por enriba de Samuele Longo que acababa de chegar, pero non foi así, nen para polo menos ensinalo.

O visto na pouca pretempada que fixo non lle daría para xogar nun equipo da Liga da Costa, pero agora diferentes medios, apuntan que dende México hai interese por parte do América, e ata hai unha votación para saber se lles gusta o xogador aos afeccionados.

Din os cronistas mexicanos que o América precisa un dianteiro e que piden unha cesión, namentras que parece ser que o RC Deportivo quer unha venda.

Faltan 10 días para o remate do mercado en España e apremia a saida de Diego Rolán. Namentras as posibles chegadas están ca maleta feita pero sen pechar a espera de que se de a operación e vir a chamada de Carmelo del Pozo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es