INTERESANTE ROLDA DE PRENSA DE RICHARD BARRAL SOBRE A ACTUALIDADEDO CLUBE.

 

Richard Barral pasou por rolda de prensa para atnder as preguntas dos xornalistas sobre diferentes asuntos do equipo e do clube.

Barral dixo que tanto Rolan coma Cartabia en principio os clubes nos que están cedidos, o Tigres mexicano e Al Alhi saudí, amosaron interese por facer efectiva a opción de compra. Segundo Barral, o RC Deportivo non se vai mover do que está suscrito nas cesións e con Somma : “O Deportivo é un clube señor e xa se lle ofreceu a renovación trala lesión”.

Recoñéceu o interese de Aketxe por seguir e dixo que é optimista por reter a Çolak, que ten ofertas pero salvo que sexan moi abultadas él prefire quedar na Coruña. Tamén dixo que o clube apostará pola canteira, deixando sempre un cupo para xogadores fabrilistas, tentando promocionar aos xogadores que destaquen da canteira.

Debido a situación de incertidume e a que non acaben as ligas : “Agora estamos en Maio pero estamos como se estivésemos en Febreiro”, sobre o intre a hora de ir facendo manobras para incorporar xogadores para a vindeira tempada.

Sobre a chegada de Domingo Catoira como Director Deportivo dixo que nuns días, “xa se irá sabendo, xa que fai falta ir dando forma a esta parcela do clube pero non hai nada escrito”.

Rolda de prensa completa no vídeo.

 

-Vídeo : RC Deportivo

-Foto captura do vídeo e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies