INTENSA PRIMEIRO DÍA DE PRETEMPADA PARA O FABRIL, NO DEPORTIVO E NO INSTITUCIONAL.

 

Intensa primeira xornada para o Fabril esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo.

Coa presenza de Carlos Ballesta, representante institucional do Fabril; Antonio Couceiro, Presidente do RC Deportivo, e Fran González, Director de #ANOSACANTEIRA, deron a benvida aos futbolistas nun sinxelo acto ao aire libre, na bancada do campo principal de Abegondo, debido á pandemia de COVID-19.

O cadro fabrilista, en boa parte formada por xogadores en idade xuvenil, tamén escoitaron as palabras do técnico Óscar Gilsanz e de Álex Mejuto, médico do equipo, quen alertou da complicada situación sanitaria pola pandemia e pediu responsabilidade a todos os futbolistas.

A continuación, xa sobre o céspede do campo principal da Cidade Deportiva, onde cada quince días pelexarán polos tres puntos na Tercera RFEF, houbo foto de familia de todo o cadro de xogadores, técnicos e auxiliares; posado dos dous reforzos até a data: Fabio González e David Martínez; e finalmente do corpo técnico ao completo encabezado por Óscar Gilsanz.

Sobre as 10:30 iniciouse a primeira sesión de traballo no campo 6, na que participaron: David Suárez, Javi Sanmartín, Juan Cambón, David Martínez e Fabio González. Alejandro Barba estará uns días con adestramento individualizado no seu domicilio ata que o ditaminen os Servizos Médicos.

Ademais, Óscar Gilsanz conta cos seguintes xogadores xuvenís: Nacho Díaz, Manu Berrocal, Marío Domínguez, Raúl Gómez, Dani Barcia, Hugo Urdiales, Hugo Padín, Mario Nájera, Jairo Noriega, Alejandro González Bermejo, David Mella, Hugo Lemos, Víctor Guerra, Alfredo Rodríguez ‘Fito’, Enrique Teijo e Hugo Ríos. Hoxe, Brais Val exercitouse co primeiro equipo ás ordes de Borja Jiménez, con Yeremay, Juan Rodríguez, Alberto, Iván Guerrero, Guille Bueno, Brais Suárez, Trilli e Noel López.

Onte martes 20 de xullo, o Fabril someteuse a probas médicas no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR. A estas probas, rutineiras cada verán como analítica, electrocardiograma… uníronse nesta ocasión as correspondentes ao COVID-19.

-Foto e Texto : RC Deportivo