ÍÑIGO LÓPEZ E SEIS XOGADORES MÁIS DETIDOS POR AMAÑOS NA 2016-17 E A SEGUINTE

 

 

O central do Deportivo, Íñigo López foi detido por amaños en encontros xunto co tamén ex deportivista Borja Fernández. Ambos ao parecer participarían nunha trama de amaño de encontros tanto da 1ª como da 2ª División españolas nas tempadas 2016/17 e 2017/18. En ningún dos casos estaban no Deportivo. Un dos cabecillas do grupo sería o ex madridista Raúl Bravo, e tamén foi detiudo Carlos Aranda, ex do Granada, ademáis de dirixentes coma o presidente do Huesca, Agustín Lasosa e o seu xefe do servizo médico Juan Carlos Galindo. Un total de seis dos implicados, antre eles Íñigo López foron detidos nunha operación policial por pertenza a “asociación criminal”, que traballaban para as casas de apostas, a lacra que está arruinando o fútbol e que vai conseguir destruilo se non se para.