INESPERADA DESPEDIDA DE FRAN FIGUEROA DO CF DUMBRIA FEMININO.

Fran unha persoa que ten o cariño de todos.

 

Se hai unha persoa de verdade involucarada no crecemento do fútbol feminino na Costa da Morte, ese é Fran Figueroa García, o muradán foi un dos precursores, ou o maior precursor podemos dicir, no nacemento do ED As Miúdas, o que axudou dende a sua primeira semente ata convertilas nun dos xermes do fútbol costeiro feminino. Tras deixar o equipo da sua vila enrolouse no proxecto do fútbol feminino do CF Dumbría, ao que está a levar a gran nivel e actualmente loitando polo ascenso a unha liga na que xa debería estar por méritos propios e que lle impideu o rocambolesco sistema de competición da tempada pasada, na que o acabar a liga a maioría dos equipos non sabían onde ían a xogar.

Chéganos unha carta de Fran ca sua inesperada despedida por “asuntos persoais”, e non temos máis ca agradecerlle toda a sua colaboración, que se seguro seguirá cando colla un novo proxecto, que de seguro non lle vain a faltar dado o seu contrastado talento no banco e no trato coas xogadoras e as persoas.

Carta de despedida de Fran Figueroa sen sacar nen aumentar unha coma :

Primeiro de todo, darvos as jrasias polo traballo desinteresado, a sercanía, o cariño en cada ratiño que compartimos xa dende a miña etapa anterior coas Miúdas en Muros.
Sodes parte indispensable do cresemento, e aportades ilusión a quenes se ven representadas en fotos, crónicas e nostisias da comarca máis bonita do mundo, e non é opinión, son datos.
Contarvos, ca alma na man, que onte foi o meu último día nos bancos, foron 8 aniños na banda co fútbol femenino en concreto nos que aportei (ou intentei) canto tiña adentro, e nas miñas vitrinas levo un anaquiño de cada unha das que me “sufriron” tanto o lado como as de enfrente.

Deixo un club, o CF Dumbría, do máis jrande que pode haber polo lujar, e dous equipos, as cadetes que medran polo que poñen, 24 futbolistas cada martes e cada viernes demostrando que esto non é esa “moda” da que se fala, é aljo REAL, e unhas senior que podo asejurar que son o talento deportivo máis jrande que se pode atopar, os números falan solos, en tan so ano e medio que levan xuntas, pero a clave está na calidade humana de cada unha delas, de dentro a afora: AS MELLORES.

Por esto ajradesido, e non nejo que bastante emosionado, disir que estarei en deuda para un cafeíño ou trajo con vós polos campos onde, ainda que nunha banda diferente á habitual, espero sejir contando coa vosa compañía.

So unha petisión si mo permitides, desde que arranquei tuven claro que eu iba detrás, que elas deben ser o foco, as protajonistas por dereito, falar de min desvía o verdadeiramente importante, ELAS.
De contar aljo, sufisiente con un: “por motivos personales”.

JRASIAS!

-Foto : Veteranos Dumbría

-Texto : Xosé Búa 2Pirata”

-Carta : Fran Figueroa

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies