INCERTIDUME E MEDO NO FÚTBOL COSTEIRO POLA VOLTA AS COMPETICIÓNS.

 

Por un lado as novas que chegan son de que en Outubro posiblemente comezará o fútbol costeiro tanto de base coma senior, pero a realidade que podemos compulsar no ambente é de medo e incerteza.

Esta pasada fin de semana en Muxía puidemos falar con xente do Sporting Zas, SD Coristanco, SD Camelle, CF Mazaricos, CF Castrelo, UC Cee ou Muxía CF, e a tónica en todos eles é, primeiro a incerteza, e logo o medo polo que poda pasar se comezan as ligas, tendo en conta o crecente aumento dos casos de COVID-19, que xa non se pode decir que se estén acercando a nosa zona, senón que por desgraza xa hai contaxiados en varias localidades da costa. E por outra banda hai que ver a desfeita nos protocolos dos profesionais, con casos coma o do Fuenlabrada, ou nos Play-Off a Primeira, na Champións, e agora mesmo en moitos dos equipos que están adestrando e con contaxiados.

No eido do fútbol senior costeiro segundo nos comentan hai varias dúbidas, como pode ser a dos protocolos de desinfección, xogar sen afeccionados, cas cantinas e os sorteos sen dar resultados económicos, que son clave para a subsistencia dos clubes a hora de pagar gastos de arbitraxes e de mantemento. Ben e certo que os clubes teñen axudas dos concellos en maior ou menor medida, pero ademáis están os gastos en fichas, inscrición ou mutalidade, (da que segundo nos comentan hai algún equipo que suma débedas por máis de 1.000 euros).

No tocante ao fútbol base, os pais e nais cos que departimos, e os dos propios clubes cos que falamos, o temor é dos contaxios que poden causar bromos, tanto a hora de xogar, como a de viaxar, cousa que se estrapola aos senior e a tódolos deportes nos que se moven grupos de xente.

A evolución da pandemia e como sexan os protocolos serán as que poidan paliar as incertezas e o medo, pero o certo é que tal como nos comentan, hai clubes que ainda non moveron ficha en canto a fichaxes ou a planificación nas diversas categorías, a espera de ver como segue todo, e sen ter decidio o que farán. Outros moveron ficha moi rápido confiando que esto fose a mellor, pero a cousa complícase día a día e por diante temos o inverno que podería supoñer cas gripes un repunte perigoso.

O CF Porteño foi o primeiro en pensalo e decidir non competir este ano en ningunha categoría, e clubes coma o CF Lira xa nos decían días atrás nun “Fotos do Recordo” dos seus xuvenís da 2013-14 que compartimos no FaceBook que : “A día de hoxe, coa preocupante situación sanitaria na que nos atopamos por mor da actual evolución da pandemia do Covid-19, creemos que pensar en arrancar as competicións sería unha auténtico disparate que poría en risco a saúde dos rapaces. Agardemos que impere o sentidiño común…”. 

 

 

-Texto e Foto : piratasdemuxia