IN MEMORIAM : “MANOLO MARTÍN O HOME DOS 42 TROFEOS BENÉFICOS”.

 

Que Manolo Martín Gómez, máis coñecido en Muxía e pola xente que peitea canas como “Manolito”, foi toda a sua vida ata o día de onte, e seguirá a selo desde onde esté, polas obras que fixo, un benefactor e un amante de Muxía e da Nosa Señora da Barca.

Fai unha semana tíñamos unha conversa na que quedáramos para que outro día quedáramos e escribir as suas memorias nun artigo ou nunha serie de artigos pois como él me decía, “teño moito que contar e moito do que non me quero lembrar”.

Manolito, cuarto por arriba, (esq-der).

Xogou primeiro no San Isidro de Quintáns, un dos 9 equipos que fundaron a Liga da Costa, pero o crearse un ano despois o CF Mugía pasou de xogar na aldea muxiana a ir o equipo do equipo da vila na que vivía, sendo nese ano campión da Liga da Costa e subcampión da polémica Liga da Costa do 1966, na que “roubáronnos claramente levando a final ata 3 encontros e no segundo que podía ser defenitivo anulándonos ata 4 goles cando íamos 1-0 e esperando a pitar o final ata que empatou o Xallas”, contábanos él nunha entrevista co gallo da final da Copa da Costa deste ano na que recibeu unha homenaxe xunto cos outros compañeiros que ainda viven da do 1966.

Nado en Muxía fai 81 o seu pai chegara de Salamanca para traballar como Municipal para formar unha gran familia de 7 irmáns. Na adolescencia marchou a estudar a Santiago a carreira de Dereito a que foi a sua pasión e montou un bufete de avogados. Sempre que tiña que atender a un de Muxía nun litixio, era o primeiro que levaba e as veces a os que non podían pagar. Imparteu clases na Facultade de Dereito da Universidade santiaguesa e foi secretario da Escola de Práctica Xurídica.

Meteuse na política e foi candidado do CDS, (Centro Democrático e Social), que presidía Adolfo Suárez, o primeiro presidente da Democracia. Foi candidato a Xunta deste partido e formou parte da lista do Senado no 1989. Como pasa sempre a plítica fragoulle amigos pero tamén enimigos.

Voltando o fútbol, xogou no Compostela e tras deixar o fútbol creou o “Trofeo Manolo Martín” para traer a Muxía equipos importantes e sempre de caracter benéfico. As entradas e rifas e todo o que xeraba o trofeo en pubricidade era destinado a becas para os fillos de mariñeiros e para axuda do CF Muxía, para o que sempre conseguía material deportivo de casas colaboradoras.

 

Os primeiros anos xogouse sempre no Municipal da Arliña e por él pasaron o Deportivo de Veteranos, Real Madrid Castilla, Bergantiños, Pontevedra…Ante o mal estado do campo e a pouca afluencia de afeccionados nas derradeiras edicións, decideu que o trofeo fose itinerante, pero sempre de caracter benéfico, e trocando os destinatarios do recadado, como para axudas o Santuario da Barca trala traxedia do 2014 cando ardeu o teito e o altar maior, como para a Asociación contra o cancro ou a dos enfermos do ELA. Foron 42 edicións as que se xogaron deste trofeo antre as primeiras en Muxía e pasando poolo Sanmpaio de Refoxos, Riazor, Pasarón, Vero Boquete…e foron moitos os que se beneficiaron e nalgúns casos todos cando os cartos foron para asociacións contra enfermidades. 

 

Gracias as suas donacións o altar da Barca conta cunha copia do altar que ardeu cun ul que tapa as vergoñas da “suposta” restauración que se fixo a espera do novo altar, tamén donou cos cartos que recadou, unha imaxe da Nosa Señora da Barca que estivo ata que o pasado ano se fixo unha réplica exacta da imaxe que sae só o día da Romaría. Tamén donou unha imaxe da Virxe do Carme e un Cristo na cruz.

Orgañizou dous concertos benéficos na Barca, (Amancio Prada e María do Ceo), escribeu dous libros que foron presentados en Muxía e que versan sobre o seu pobo natal, (Muxía, máxia e mito e Sempre en Muxía), e trouxo a numerosos persoaxes famosos a vila para ensinarlle as marabillas que lles contaba nas suas tertulias e reunións.

 

Manolo Martín na derradeira Copa da costa na homenaxe que lle fixo o Muxía e o fútbol da costa aos “supervivnetes da copa do 1966.

Deixounos un altruista de Muxía que hoxe mesmo será incinerado trala misa que se lle celebrará en Santiago para logo nuns días ter unha no pobo que tanto quixo e o que visitou fai uns días para facer o que facía sempre, como se dunha despedida se tratase…D.E.P.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies