IMPRESIONANTE A AFECCIÓN DEPORTIVISTA EN WRATFORD.

Imagen

O Depor colleitou a primeira derrota da temporada en Wratford, (1-0), nun choque no que foi superior en moitas fases do encontro e no que un erro aos 19 minutos de xogo condenounos a colleitar esa primeira derrota, esto sumado a falla de acerto con xa 3 ocasións antes do gol dos locais e con varias máis no transcurso do encontro, amén, (todo hai que dicilo), dunha actuación arbitral altamente caseira.

Os que non fallaron foron os afeccionados que cos seus cánticos converteron o Vicarage Road Stadium en Riazor. Máis de 300 afeccionados deportivistas deron corido branquiazul as gradas do estadio da cidade o norte de Londres, dous grupos numerosos nas curvas e ademáis podíanse ver diferentes camisolas deportivistas polo resto de gradas nas que había púbrico.

 

Imagen

Moitos deportivistas chegados desde Galicia e España aproveitando as vacacións e outros moitos da Peña RCD London que aglutina a moitos galegos en cada encontro fronte as pantallas, pero que onte e o vindeiro sábado en Middlesbrougt, (16:00 hora Galega/15:00 GMT), volverán de seguro a animar aos nosos que ao acabar o encontro foron a darlles un aprauso, (non era para menos). 

 

-Fotos e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies