PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
-Xornada 17ª-
O Fisober Masculino foi o que deu ás órdes en Dumbría.
FISOBER FSF 5-3 JOGAFAN ORDES
FISOBER: Brais, Iván, Javi, Juan Emilio, Carlos; tamén: Vicente, Adri, Iago, Mario Ferreiro, Champi, Suso, Mario Areas.
ÓRDES: Pablo, Óscar, Álvaro, Isma, Iván; tamén: David, Jesús, Dani, Álvaro, Mateo, Adri, Noe.
ÁRBITROS: Francisco Pena, Pedro Riveira, Nicolás Cutrone
GOLES: 1-0 min 19 Iván, 1-1 min 23 p.p., 2-1 min 23 Iago, 2-2 min 24 Adri, 2-3 min 25 Iván, 3-3 min 38 Carlos, 4-3 min 39 Carlos, 5-3 min 39 Adri.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 17ª xornada de liga disputado na noite do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.
CRÓNICA
Importante triunfo dun Fisober ante o cuarto clasificado nun partido que resultou moi atractiva para o espectador, no que o Fisober fixo posiblemente os corenta minutos máis intensos e completos do que vai de tempada.
A primeira metade tivo boas ocasións, pero tanto Brais na portería local coma Pablo na visitante, probablemente o mellor porteiro da categoría, encargáronse de manter o 0-0, ata que a falla dun minuto, nun saque de banda dende o lado esquerdo é cazado por Iván no segundo pau para facero o un a cero no mellor momento, adiantando ós costeiros por primeira vez no que vai de tempada.
A volta de vestiarios o equipo visitante subiu a presión e os primeiros dez minutos resultaron ser tolos, no que os visitantes lle deron a volta ó electrónico con ata tres goles, no peor momento dos locais, que aínda así foron quen de marcar un novo gol de estratexia entre Javi e Iago que os mantiña no partido, xunto cun Brais que seguía contendo o ataque do Ordes.
Nos últimos minutos o desgaste e os cartóns fixeron mella nos locais, pero a entrada dun Champi fresco foi chave para pechar ó rival e provocar dúas accións consecutivas de Carlos que se convertían no catro a tres. Esto provocou co rival saíse de cinco a falla dun minuto. Defenderon ben a inferioridade os costeiros e mesmo Adri foi quen de culminar a remonta co cinco a tres definitivo dende campo propio.
A vindeira xornada toca visita ó Troula Betanzos.
-Foto e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF
